| |
George
e Lennie son dous vagabundos pobres e sen fogar que soñan
con chegar a ter unha casa propia, con animais dos que coidar.
George é pequeno e desconfiado, mentres que Lennie é un retrasado
mental cunha enorme forza física, que intenta facer ben todo
o que o seu compañeiro lle di. Os dous son contratados como
xornaleiros nunha granxa californiana para a sega de cereais.
Neste lugar, logo dun gran número de malentendidos, sobrevén
a desgraciada morte de Lennie, inxusta e conmovedora. Esta
novela constitúe unha narración moi dura e tráxica. Reflicte
moi ben o papel dos sectores máis baixos da sociedade fronte
ás inxustizas dos máis poderosos a nivel económico. Persoalmente,
creo que é unha narración moi interesante e conmovedora, da
que non cambiaría absolutamente nada a pesar do seu tráxico
e inxusto final, xa que penso que expresa perfectamente a
pouca solidariedade que houbo, hai e seguirá sen haber cara
a estas inocentes persoas que buscan a felicidade con tan
pouco e honradamente; sen embargo, nós crémonos con dereito
a truncarlles os seus propios desexos. Particularmente, De
ratos e homes foi un dos mellores libros que lin na miña
vida e aconsello lelo porque me parece que con el recapacitamos
moito sobre os grupos de xente marxinada. Para o autor, John
Steinbeck, nacido no seo dunha familia californiana de labregos,
o mundo do campo xoga un importante papel na súa obra, de
aí que ó longo do seu repertorio literario aparezan obras
con tintes reivindicativos en relación á situación deste sector.
Ademais deste libro escribiu outros tan coñecidos como As
uvas da ira ou Ó leste
do Edén, ambas as dúas levadas ó
cine, igual que De ratos e homes.
| José
Ángel Castro, 1º Bach, xuño de 2002 |

|
|