páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 
Marilar Aleixandre: Teoría do caos, Xerais, 2001, 220 páxinas.
 
 

Teoría do caos de Marilar Aleixandre consta de tres partes ("Círculo Noveno", "O monte do Paraíso" e "Desparaíso"), divididas á súa vez en varios capítulos baseados no enfrontamento, tanto pola idade como polas ideas ¿ou pola traizón das ideas? entre Paco, alcalde de Santorén que pasou da esquerda ó conservadurismo, cambiando totalmente o seu xeito de entender a vida desde a mocidade, e o seu fillo, O Roxo, e mais o grupo de universitarios no que se integra. Pero este enfrontamento entre pai e fillo non é máis que un enfrontamento de Paco con el mesmo, unha expresión das contradiccións do seu pensamento.

Entre Santorén e o concello de Mirandela hai continuas disputas políticas, entre elas, pola posesión do Monte dende que se declarou parque natural, polo enterro do cabo Agapito ou pola decisión de Paco de construír un vertedoiro, que será o que finalmente determine que a novela remate dun xeito tráxico, coa morte dun dos protagonistas.

A idea central que desenvolve sería, polo tanto, a da traizón (sobre todo a das ideas) ou a contradicción e o enfrontamento cun mesmo. Ademais, aparecen moitos outros temas como a amizade, a lealdade, o amor, a paixón, a seducción, ...

Ó longo da novela vanse intercalando unha serie de relatos "da colección Vidas paralelas" nas que van aparecendo diversos acontecementos e personaxes históricos, como o traslado dos restos de Castelao, a captura e execución do Che Guevara ou unha serie de cartas da revolucionaria alemana Rosa Luxemburg.

Trátase dun libro co que se poden aprender moitas cousas, ademais de ser entretido, interesante e rematar cun final totalmente inesperado e sorprendente.

Laura Varela, 2º Bach, abril 2003

Volver ó índice de Para ler

 

 
índice de lingua galega e literatura | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es