páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 
Mª Xosé Queizán: ¡Sentinela, alerta!, Xerais, 2002, 102 páxinas.
 
 

O libro ¡Sentinela, alerta! de Mª Xosé Queizán está constituído por dez relatos (máis exactamente nove relatos e un poema) nos que se nos mostra o lado máis escuro da condición humana.
A autora expresa o seu compromiso cos dereitos humanos, pois aquí denuncia situacións que os vulneran. Así, a falta de liberdade ideolóxica aparece reflectida no relato "O líder", no que se nos narra cómo un grupo de manifestantes que loitan pola liberdade política e persoal reciben unha malleira duns policías mandados polo líder; ou tamén en "A misa", no que dúas mulleres son obrigadas a ir á misa aínda que elas están totalmente en contra da relixión.
Outros relatos abordan o tema da tortura ou os malos tratos a mulleres e homosexuais: en "O cadaleito" os presos son tan maltratados e teñen tanto medo que acaban morrendo; en "¿Por que a mataches?" un home mata a súa muller porque non fixo o que el quería, mentres en "Lei de fuga" o marido asasina a súa esposa cando ela lle pide o divorcio; no cárcere os homosexuais son reiteradamente violados por mangallóns en "O sodomita" ou reciben insultos e trato discriminatorio por parte do director da prisión en "¡Sentinela, alerta!".
Os relatos están situados en cárceres onde os individuos viven en penosas condicións e nun clima no que predomina a violencia, a crueldade e a desolación sobre a dignidade das persoas.
A autora tampouco se esqueceu de deixar reflectido no poema que pecha o libro, "Burka", o fanatismo do que son víctimas as mulleres condenadas a ver a vida a través dunha peza de vestir, a burka, incrustada xa nos ollos coma unha celosía.
Este libro, curto, entretido e duro, supón unha continua denuncia contra a falta de respecto polos dereitos humanos e reflicte situacións que, aínda que moitos de nós non as percibamos, continúan a darse hoxe en día.

Janet Eyo, 2º Bach, abril 2003

 

Volver ó índice de Para ler

 

 
índice de lingua galega e literatura | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es