| |
|
Isolda
Santiago naceu en Mazaricos (A Coruña) no ano 1960 nunha
aldea chamada Paxareiras, dividida pola estrada en dúas
partes, unha pertencente a Mazaricos e a outra a Muros.
Ós 12 anos internárona nun colexio de monxas en Santiago
e na actualidade traballa como xornalista para o Faro
de Vigo en Lalín, vila na que reside por motivos
persoais.
Colaborou nos xornais La Voz de Galicia e Xornal
diario, así como en Radio Noroeste, onde dirixiu
o programa A arte de ler. No ano 1991 foi galardoada
co Premio Periodístico do Concello de Dozón.
|
|
|
|
| |
Deu
a coñecer a súa poesía nas revistas A festa da palabra
silenciada e Trapa. En 1993, xunto a outras sete
mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética
8 e médio, onde figura unha autopoética xunto con outros
textos nos que poetiza a súa infancia e os principios da adolescencia.
No ano 1994 publica Flor de tan mal xardín, obra coa
que obtén o II Premio de Poesía Fermín Bouza Brey, patrocinado
polos Concellos de Cortegada, Ponteareas e Vilagarcía de Arousa
coa colaboración de Caixa Galicia. A súa última obra publicada
ata o de agora foi Berce das estampas (1998) na que
reflicte unha especie de triloxía da súa vida. Tamén figuran
poemas seus na antoloxía dEfecto 2000. Antoloxía dos poetas
dos 90 publicada por Letras de Cal en 1999.
 |
|
A
autora (centro) na mesa redonda "A poesía
de Deza"
|
|
|
Isolda
Santiago sinala que na súa infancia non pensaba en ser
escritora, o seu ideal era ser mestra, aínda que hoxe
en día tampouco se considera nin aspira a ser considerada
poeta. Entre as primeiras obras que leu chamáronlle especialmente
a atención as de Pablo Neruda. Outra
influencia fundamental é Chus Pato, que ademais de ser
para ela a mellor |
poeta
galega, foi unha grande axuda á hora de escribir e publicar
as súas obras.
Na
"Autopoética" do 92, publicada na carpeta 8 e médio,
di identificarse cun unicornio que simboliza a utopía, xa
que a autora se considera unha persoa utópica, que cre nun
mundo feliz e xusto, no que está moi presente de xeito metafórico
a infancia e a súa aldea, sen deixar de lado o feminismo.
Define a súa poesía como realista ou hiperrealista con certos
compoñentes surrealistas. Non quere que os seus libros se
parezan ós outros, por iso intenta crear o seu propio estilo;
entende a poesía, sobre todo, como palabra, a súa forza reside
na propia palabra. Non usa métrica nin rima, nin signos de
puntuación porque lle parece que é limitar e encorsetar a
poesía, pero considera os recursos estilísticos un elemento
indispensable para enriquecela.
|
|