|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Poemas
da carpeta 8 e médio
|
|
| |
|
|
| |
| Están
publicados nunha carpeta colectiva titulada 8 e médio
(Edicións do Dragón, 1993), feita artesanalmente,
na que tamén colaboran Chus Pato, Marta Dacosta, Mª Xesús
Nogueira, Carmen Lobón, Ana Romaní, Rita e Iolanda Aldrei.
Os poemas de Isolda son os titulados: "Autopoética", "No
val das lavercas", "O soño das pombas", "De cando os heroes"
e "Prólogo da inedia" e van precedidos dunha ilustración
de Kontken Vicente Isiegas. |
|
|
|
|
| |
Na "Autopoética" a poeta di identificarse cun unicornio, animal
mítico e utópico definido como "un bicho teimudo, feminino
e desexable". Neste texto, que a autora considera aínda vixente,
aparece tamén outro elemento fundamental da súa poesía: a
figura do pai, comprometido ideoloxicamente co marxismo. En
xeral, os poemas tratan os temas da morte e do amor, principalmente:
 |
|
Ilustración
de Kontxen Vicente
|
|
|
|
|
|
|
| Morrer
ferida do raio oblicuo dun ollo |
| Por
soga os seus cabelos |
| uns
beizos por mortalla |
| por
cadafalso un leito |
| e
un alma de rapsoda para vestir cariátides |
(de "No val das lavercas")
|
Tamén
podemos atopar xa a presencia de paxaros, que van ser un elemento
moi importante no libro Flor de tan mal xardín:
| |
|
|
| cando
me achego ó corazón do medo |
| atopo
un soño con fiestras |
| e
unha pomba agardando |
|
no
antepeito
|
(de "O soño das pombas") |
Así
mesmo, podemos observar a escasa presencia de signos de puntuación,
só se empregan puntos suspensivos e interrogacións.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Este
libro foi publicado pola editorial Espiral Maior no ano
1994. Está composto por 27 poemas e dedicado a Chus Pato.
Recibiu o II Premio de Poesía Fermín Bouza Brey. O concepto
de mal xardín expresado no título relaciónase co mundo
da aldea no que unha nena, filla de labregos, atopaba
moitas dificultades para saír del e acceder a determinadas
oportunidades reservadas só para os fillos dos ricos.
A temática do libro é, fundamentalmente, feminista:
|
|
|
|
|
| |
| |
| A
muller intelixente non ri nunca |
| espántanlle
os anxos |
| espántanlle
as cariátides |
| -pero
é a cariátide que sostén o
templo- |
| Leva
contido o lóstrego |
| Sabe
do Neolítico |
|
|
| "IRRADIA
A SIGNIFICACIÓN DO CENTRO" |
| Amósaseme
ós poucos |
|
inenarrable
|
|
esférica
|
|
concéntrica
|
| Nunca
lle vin as pernas |
| Exerzo
de amante mentalmente |
|
|
|
| |
aínda
que tamén fala da morte, non por falta de vitalismo senón
porque é un elemento presente de xeito constante na vida de
tódalas persoas e do que é imposible fuxir: Pero
non atopo xeito de sandarlle / a tanatofilia ós meus versos.
As pombas tamén teñen importancia na
súa obra porque son ambivalentes nas súas connotacións; por
un lado, son fermosas, tenras, femininas, pero tamén poden
chegar a ser crueis:
| |
| Que
delicia |
| |
unha
pingueira obtusa sobre a testa- |
Fora,
tal que na fraga
|
| |
as
estríxidas regurxitan egagrópilas |
|
|
O
libro presenta altas doses de ironía e usa unha linguaxe renovada,
que se quere afastar dos tópicos masculinos. Non utiliza nin
métrica nin rima. Emprega guións e comas pero segue presente
a ausencia de puntuación, en sentido estricto, nesta obra.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Este
libro foi publicado pola editorial Espiral Maior no ano
1998. Está composto por 33 poemas e, igual có anterior,
vai dedicado a Chus Pato.
O propio título refírese a un camiño interior que
se dirixe ó territorio da infancia; a través de
varias estampas, que son as desencadeantes da memoria
da voz poética a partir dun olor, dunha luz, dun sabor...,
váisenos describindo aquel mundo: |
|
|
|
|
| |
| |
No
"Penthause" afían os galos o piteiro
Sobre o "Penthause" seca o centeo
As femias teñen observatorios entre as pernas
gustan do exótico
o exótico é negro
Dende o berce ó mercado da carne
Do ollo de boi ó tragaluz das cortes
Máis lonxe hai unha nada
cor vermella
Balada non é aquí canción de outono
balada é expresión do gando en celo
Na aldea
o sexo é unha carqueixa
¿Que forma adoptaría o meu corpo en todo isto?
Triloxía da Fundación:
O Mar
O Monte
A Aldea
|
Tal
e como se observa nestes últimos versos, son varios os poemas
que reflicten tres idades distintas da voz poética, asociadas
cos elementos anteriores: a etapa da aldea, do colexio de
monxas e a da xuventude e matrimonio. A este respecto sinala
Olga Novo: "O mar é escuma e lique de dentro. O monte é femia.
A aldea é sempre o lugar da maxia e o lugar do corpo".
Son
frecuentes a figura da nai e da nena que está empezando a
coñecer o mundo rural, un mundo por veces estático e pechado
que marca unha serie de pautas fixas para o comportamento
das mulleres.Tamén aparece unha visión negativa do amor e
certa dose de pesimismo:
| |
O
mercador do tempo le as leises:
As mulleres son apéndices útiles
As mulleres son nais canto máis fríxidas
As mulleres han de ser de vidro
rosa
Amor é un misterio no que hai que ter fe
Prohibido unicornios ceibes
pola horta |
Formalmente,
nestes poemas destaca a técnica do fragmentarismo, os versos
obscenos ou as referencias mitolóxicas. Tampouco emprega rima
nin métrica e hai unha escasa presencia de signos de puntuación.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|