|
Ir
ó menú de estilos
que o acento non denote xamais a túa orixe
a tenda onde merca-los zapatos
Unha
vez ó ano sérvennos cigalas
unha á semana practicámoslle a cortadura
en canle
Explicarlles
o cheiro a afumado ás fillas da automaticidade
Entender que a diferencia entre un sofá e un
diván
non proveña tan só da súa semántica
O
baúl da Habana ten retratos:
mozas con pamelas e corpiños de encaixe
Os
encaixes vesten aquí a trama mortuoria
As mulleres sen touca non son tales
As pernas espidas non rexesten o ensilado
A
mamá non ten un sinfonier
a mamá ten unha picaraña
O
avó fixo unha táboa de surf
tentando igualarlle os pés a un banco
Algún
día
as Paxareiras
será unha cidade portuaria
(de
Berce das estampas, 1998)
|