|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Carlos
Negro naceu en Lalín no ano 1970. Licenciado en Filoloxía
Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago,
na actualidade exerce como profesor de Ensino Secundario
no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro.
Na súa infancia aparecen dous mundos diferenciados: por
un lado, o contorno de Lalín, onde vivía, e que representaba
a sociedade clasista, moi conservadora; aquí a súa familia
rexentaba unha tenda e ese contacto co mundo do comercio
marcouno moito, ademais da relación coa xente e a sensación
de nenos "máis finos" por falaren castelán con respecto
ós doutros lugares limítrofes; e, por outro |
|
|
|
|
| |
lado, Agolada, que representaba o seu contacto coa aldea e o
mundo tradicional.
Defínese como unha persoa equilibrada, tímida e introvertida,
ademais de individualista, pero, sobre todo, moi curiosa, xa
que sente amor pola vida e gústalle manterse con atención e
curiosidade ante ela.
Comezou a súa andaina pola escritura nos primeiros anos da universidade
escribindo contos, para logo pasarse á poesía. Hoxe en día non
descarta a posibilidade de abrirse a outro tipo de textos, aínda
que a poesía é, nestes momentos, o xénero co que se sente máis
identificado porque, segundo el, ábrelle novas perspectivas
na vida e constitúe todo un pracer que lle permite a comunicación
con nova xente e expresar as cousas de xeito diferente.
 |
|
O
autor co seu irmán Álvaro
|
|
|
Para
el escribir é un feito normal, algo natural logo dunha
aprendizaxe, escribe porque si. Un dos elementos que máis
condicionou a súa postura ante a literatura e a escritura
foron algúns profesores de lingua e literatura do bacharelato,
que souberon espertar nel inquedanzas agochadas, xunto
cun grande amor pola literatura. Tamén tivo moita importancia
á hora de comezar a escribir o poeta e amigo Celso Fernández
Sanmartín, tamén de Lalín, co que conviviu na súa época
de universitarios, xa que lle transmitiu entusiasmo e
constituíu un |
claro estímulo para que a súa poesía saíse a flote.
Carlos Negro é un lector ávido, de xeito que non hai un único
autor que lle inflúa, senón unha mestura de moitos ("somos fillos
do que lemos"): Manuel Antonio, Cunqueiro, autores da literatura
portuguesa como Eugénio de Andrade, Edgar Allan Poe, a novelística
de William Faulkner, ademais de certas cousas de poesía de Manolo
Rivas, entre moitos outros.
É autor dos poemarios as laranxas de alí babá (Letras
de Cal, 1998) e Far West (Xerais, 2001). Ademais, ganou
o premio "Johan Carballeira", compartido con Alexandre Nerium,
en decembro de 2002 cunha obra que se vai titular Héleris,
palabra formada polos nomes Helena e Paris, na que conta o rexurdir
da vida dun home (Paris) e unha muller (Helena), da época de
posguerra, con vidas paralelas que se acaban por xuntar para
formaren unha parella. Ambas as voces contan a súa infancia
e madurez cun toque de vivencias íntimas.
Ademais disto, poemas seus apareceron en diversos medios como,
por exemplo, a revista Dorna, o suplemento "Revista das
letras" do Correo Galego ou a antoloxía 25 anos de
poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002). Tamén
participou na "IV Forxa Literaria de Piloño" e colaborou no
libro colectivo Negra sombra. Intervención poética contra
a marea negra (Xerais-Espiral Maior, 2003). |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|