|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
as
laranxas de alí babá foi publicado no
ano 1998 pola editorial "Letras de Cal", cunha portada
deseñada polo pintor Álvaro Negro, irmán do autor. Na
lapela aparece un texto con datos autobiográficos, co
que tamén nos iniciamos no que vai ser este poema-conto:
Este libro quixo
saír luminoso e sensual como a esencia da laranxa que
lle deu forma e contido; gostei de sentirme neno e adulto
a un tempo, e
deste finximento |
|
|
|
|
| |
imposible xurdiu un
conto que ás veces
semella unpoema;
todo nel é mentira, pero procurei que nada fose falso. E
se por caso se al bisca certa ilusión, esa será a mellor
maxia que souben ofrecer.
A obra vai precedida dunha cita de Lois
Pereiro, que expón dous elementos fundamentais nela: os
contos e o amor. Alí Babá vai ser o protagonista deste conto
mítico no que mesmo se podería ver reflectido o propio autor,
coa súa parte de inocencia, soño..., posto que Alí Babá
representa a maxia, a ilusión e, en certa medida, a capacidade
de crear e amar. O libro pretende expresar a fermosura,
a maxia do mundo interior de cada persoa.
Componse de cinco partes ben diferenciadas. A primeira,
constituída só por un poema de tres versos, trata de situarnos
espacialmente, ademais de suxerirnos o carácter marabilloso
do que se nos vai contar; aparece tamén xa por primeira
vez o concepto de laranxa:
| |
e
todo acontecía case sen querer
no interior dun país imposible
de tan precioso e laranxa que era |
A segunda parte, titulada "o domador de tigres", presenta
unha forma particular, de texto narrativo, que constitúe
unha especie de monólogo interior no que non existe nin
puntuación nin uso de maiúsculas, quizáis porque o autor
non as cre necesarias.
Conta a historia de Alí Babá, un neno que desexaba ser domador
de tigres, animais dos cales destacaba a súa cor laranxa,
coma se dunha froita con patas se tratara, e a maxia que
desprendían ó pasar polos outeiros nas gaiolas dos camións
dos circos. Recréase un mundo ó revés, cheo de luz, cores
e sensorialidade. Tamén se realiza unha especie de anticipación
que relaciona a Alí Babá e as laranxas:
(...) sucede que
alí babá era pequeno e aínda non era o señor dos soños laranxas
que lle ían acontecer moito moito despois sen saber se serían
certos ou se cadra non
Fálanos tamén do amor, ó que se refire coa chamativa metáfora
cariño de calor
de pan, e das consecuencias caóticas que
provocaba nos seres humanos. E fálanos, con bastante ironía,
dos poetas:
(...) todo era culpa
daqueles seres chamados poetas que de cando en vez saían
de debaixo das pedras e que tanto gustaban de chamar ás
cousas polo nome contrario ó que as autoridades consideraban
correcto ganas de amolar que tiñan (...)
"o señor do cofre", que lembra os magos de Cunqueiro, é
a terceira parte. Continúa nela a ausencia de puntuación
e maiúsculas. Aínda que en xeral o verso non está medido,
obsérvase a especial importancia do ritmo; habitualmente,
os versos agrúpanse en series de dous, tres ou catro, separados
por meditados espacios en branco que lle dan ó conxunto
unha impresión de lixeireza.
Componse de dúas partes: a primeira relata a viaxe de Alí
Babá acompañado do seu cofre. Cando repousa nun novo país,
abre o cofre do tesouro de onde saen fermosas laranxas e
descansa durante sete días. Ó seu despertar, novas laranxeiras
naceran e decide quedar alí, onde se fai malabarista e mago
e colleita desexos para as xentes tristes.
A segunda parte comeza cos versos pero
nunha mañá de abril / descubriuna a ela,
coñece unha moza coa que comeza a falar, xorde o amor e
xorden entón novas laranxeiras e todo
ocorreu case sen darse de conta / porque así ten que ser
nos contos bonitos.
"o señor dos trasnos", cuarta parte do libro, relata a historia
do señor dos trasnos, home con inquedanzas que, nunha mañá
na que se ergue cedo, decide crear algo novo xuntando elementos
da natureza. En colaboración con corenta trasnos crea a
primeira laranxa. O señor dos trasnos era Alí Babá, que
sementaba laranxeiras para que ninguén esquecese o
sabor e a luz do paraíso.
O poeta convértese aquí en señor dos trasnos, que mestura
con maxia diversos elementos da vida; o poema é a súa laranxa-creación
e escríbese para recordar o paraíso.
Nesta parte aparecen uns versos que poderían identificar
tamén a creación da laranxa coa iniciación do sentimento
amoroso (porque
o amor pide paciencia / para ir medrando con xeito / alí
onde nunca houbo nada), ó tempo que se
pode relacionar coa cor, a luz, o sol ou o xogo.
Na quinta e última parte do libro, vóltase ó verso longo
narrativo e hai certa tendencia á medida. Relátasenos nela
a posibilidade de que o paraíso das laranxas se derrube;
se iso ocorrese ela estará aí para recompoñelo con todo
o seu amor e tenrura, ela é a garantía de perdurabilidade
da utopía do paraíso de laranxas:
| |
e
ha ser ela quen recobre a luz esplendorosa do bosque
de laranxas
a luz do sol que aínda segue a iluminar todas
as hortas de onda o río
todos os lugares que cruzan as nubes no país
que se leva por dentro |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
Far-west
foi publicado no ano 2001 pola editorial Xerais, na
colección "Ablativo Absoluto". A ilustración da portada
é da autoría de Xosé Freixanes. Na lapela aparece unha
breve nota biográfica do autor. Ademais disto, antes
do comezo do libro figura unha dedicatoria e unha cita
de Antón Patiño e Xavier Seoane que anticipa o contido
do libro:
Arcadia
morreu . E Utopía non chegou.
|
|
|
|
|
| |
En cada xeración, en cada época, o que ten
que haber é unha reinvención do legado colectivo dun pobo.
Unha relectura da tradición. Non podemos asumir unha imaxinaria
idade de ouro da comunidade (...) sen contradiccións nin conflictos
(...)
En efecto, este libro, tan diferente de as laranxas de alí
babá, foi concibido como un libro social, que plasma a historia
do que podería ser Galicia, a pesar de que xoga co mito das
películas do Oeste. O far-west vén sendo Galicia e os galegos
os apaches que intentan resistir fronte ó "home branco"; e,
nese contexto, o noso John Wayne particular é Eduardo Pondal.
Pero tamén dentro do propio país existen territorios de fronteira,
particularmente as vilas, territorio de fronteira entre o mundo
da aldea e o da cidade e, polo tanto, os conflictos e as contradiccións
son unha constante.
O libro está estructurado en seis partes, con títulos tomados,
a excepción da primeira, de películas do oeste que conteñen
alusións simbólicas ós contidos que se desenvolven.
A primeira parte ("far-west telegrama") xoga un papel introductorio,
de presentación; formalmente semella a mensaxe dun telegrama
e as súas pausas marcan o ritmo do texto. Enumera de xeito caótico
os conceptos que se van desenvolver ó longo do libro e que definen
"o Oeste " ou "the last frontier".
A segunda parte é a titulada "a balada de cabble hogue" (The
ballad of Cable Hogue, 1970, dirixida por Sam Peckinpah,
con Jason Robars e Stella Stevens). Desenvólvese a partir da
comparación entre John Wayne e Eduardo Pondal (o
noso john wayne chámase eduardo pondal), símbolos
dunha época, homes que representan un modelo de home dominador,
mitos masculinos (o
bardo é o himno masculino da tribo) que é
necesario desmitificar e superar definitivamente. No libro esta
idea exprésase ás veces dun xeito lúdico e deliberadamente irreverente,
introducindo outros elementos característicos de toda a obra,
que son o humor e a ironía:
| |
o
bardo enfúndase pantalóns negros de coiro
o bardo absorbe cubatas na barra dos bares
o bardo berra himnos patrios no salón vermello
que
din os rumorosos na costa verdecente?
que din os rumorosos na costa verdecente?
non din nada non din nada, monada
|
Inclúese tamén unha ladaíña polos "apaches", con especial mención
ós apaches bilingües
dúas veces amén e aparece así mesmo a man
poderosa do "pai branco":
| |
o
grande pai branco fuma a pipa da paz co apache
o grande pai branco promete obras para o apache
o grande pai branco inaugura carreteras para o
apache |
Ante a nova situación
|
|
o
bardo intenta reconstruír a paisaxe
pero os pinos son bosques de eucaliptos
e os corvos fan raudos equilibrios sobre o lixo |
de xeito que é indispensable superar definitivamente o mito
do bardo:
| |
búsquenlle
un asilo tranquilo ó bardo
unha pensión digna para xubilados
un chupete un televisor unha droga
un horario de visita para o club de fans
xubilen o bardo con todas as da lei
|
A terceira parte leva por título "raíces profundas" (Shane,
1953, dirixida por George Stevens, con Alan Ladd e Jean Arthur).
Nesta parte móstrasenos como os
apaches de aldea sobreviven á era do eucalipto e do cemento
/ na fronteira mestiza do país dos ferrancho
e como a vida e a educación dun home e dunha muller de aldea
son totalmente diferentes. O primeiro, josé, medra
a fedellar nos ferranchos,
faise mozo o día que monta a moto irta e
vai ó far-west:
| |
josé
aprende axiña a lei do oeste
a lei da tasca e da leira
a lei do whisky e da noite |
e medra e herda o mando, é o xefe de familia; mentres, a muller,
maría, ha de ser
gado submiso femia paridoira; exemplo de
educación represiva, está atada á casa e ó traballo do agro
e do fogar, marcada por unhas pautas que limitan a súa liberdade
e con continuas obrigas cos demais, aínda que ó final sexa
ela a que sobrevive ó home e a que mantén vivas as raíces:
maría é sempre a derradeira
apache da casa/ maría é sempre a muller que sobrevive soa.
|
|
|
No
que se refire á cuarta parte do libro, "por un puñado
de dólares" (Per un pugno di dollari, 1964, dirixida
por Sergio Leone, con Clint Eastwood e Marianne Koch),
fálanos, como se pode deducir, dos cartos e das súas consecuencias
para a aldea. A xente nova, movida por desexos de mellorar
economicamente abandona a aldea pola cidade: disque
os cartos se apañan mellor na cidade / disque alá xa teñen
a vida ben arranxada.
|
Isto provoca moita soidade na aldea, pero tamén cambios nos
costumes e elementos que máis a caracterizaban:
o apache arromba no faiado a cama de carballo / a cama que
labrara a man o avó carpinteiro substituíndoos
por outros máis "modernos": aproveitando
un desconto do vinte por cen / o apache merca no híper
un dormitorio de chapa. E cando, tempo despois,
algúns regresan á aldea fano para intentar reproducir nela
ó mundo no que estiveron os últimos anos:
e fixo un chalé con piscina / e puxo un xardín con palmeras.
"a conquista do oeste" (How the west was won, 1963,
de John Ford, con John Wayne e Henry Fonda), é a quinta parte,
onde se mostra como os mozos van á vila (o oeste), tratando
dalgún modo de conquistar esa terra allea ó mundo da aldea,
a onde van a divertirse e ligar, pero teñen que intentar disimular
a súa orixe, mesmo falando castelán como bos
discípulos da mestra inmaculada da infancia / da señorita
de blusa e fala perfumada / que purificaba con vara o pecado
orixinal.
Por fin, a sexta é a titulada "the last picture" (The last
picture show, 1971, de Peter Bogdanovich, con Jeff Bridges
e Ben Jonhson). Está constituída por un único poema no que
a voz poética parece regresar a un terreo máis íntimo e emotivo
para expoñer, outra vez en forma de enumeración, unha relación
de elementos e persoas que lle resultan gratas e gratificantes:
| |
a
cámara de álvaro no silencio de agolada
o epitafio de "la golondrina" para os gringos
as mandarinas e os sobres sorpresa de celso
a flor do cacto no xardín de tom doniphon
a voz de carme entre as raiolas do mencer
as nubes sempre as nubes desde o cine
e pepita sempre pepita desde o peito |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|