|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
| Mario
Pereira nace no Barrio de Abaixo de Lalín o 16 de xaneiro
do ano 1961. Pasará a súa infancia, ata os 10 anos, entre
Lalín e Carballeda, a aldea dos seus avós. Xa con esta
idade marchará para Santiago, onde permanecerá ata os
14 nun internado. Despois de certas dúbidas entre
a elección de Ciencias ou Letras (a súa
verdadeira vocación eran as Matemáticas),
optou polas segundas e, finalmente, acabará por
estudiar a carreira |
|
|
|
|
| |
de
Filoloxía Galego-Portuguesa (aínda que lle gustaba Xornalismo,
pero para iso daquela había que desprazarse a Madrid),
o que o levará outra vez á cidade de Santiago.
No mesmo ano en que remata os estudios, no mes de setembro,
comeza a traballar como profesor de Ensino Secundario, os dous
primeiros anos no Instituto "Blanco Amor" de Ourense
e posteriormente e ata a actualidade (case vinte anos) no IES
"Ramón Mª Aller" de Lalín, vila
na que tamén reside. Aquí desenvolve así
mesmo á súa afección polo balonmán
colaborando coa Escola de Balonmán do C. Bm. Lalín.
Comeza a escribir arredor dos 10 anos, ó descubrir nun libro
de Sociais que contiña un poema de Rosalía que
o galego tamén se podía escribir; influíu tamén nisto un profesor
de literatura que lle insistía en que escribía moi ben.
|
|
|
Sempre
sentiu unha gran paixón pola lectura, xa dende pequeno.
A súa infancia está chea de recordos nos que se lembra
lendo ou escoitando o que lle lían; de xeito que a súa
escritura vén sendo unha consecuencia da lectura.
Escribiu con certa regularidade ata que entrou na facultade,
etapa na que interrompeu este labor durante moito tempo.
Na actualidade escribe sen sistema e sen periodicidade
regular, cando llo "pide o corpo", posto que
confesa non pretender |
en absoluto facer "carreira literaria".
Escribe sobre si mesmo, sobre a súa visión do mundo e a súa
experiencia vital, da que forman parte esencial as súas
lecturas, ás veces mesmo incluso dun xeito un tanto inconsciente.
Entre os temas da súa obra figuran a solidariedade, a
amizade, o inconformismo, o egocentrismo, a soidade, a envexa,
a liberdade, a discriminación, ...
Son múltiples os autores que inflúen na súa obra, posto que,
como xa sinalamos, é un lector voraz, pero entre eles pódense
citar a Cunqueiro, Torrente Ballester,
W. Fernández Flórez,
Miguel
Torga ou Castelao. É a este último a quen lle gustaría
parecerse desde o punto de vista estilístico, sobre todo
ó Castelao de Cousas, pero isto resúltalle difícil
posto que os seus impulsos condúceno a un estilo máis
ben barroco.
Ata o momento escribiu dúas obras etiquetadas como "narrativa
infantil-xuvenil": Velaí vai o verme (2000),
novela que resultou ganadora do II Premio "Raíña
|
|
 |
|
Mario
Pereira coas autoras deste traballo
|
|
Lupa" e Contos para Manuela (2001). Non ten previsto
publicar nada proximamente. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|