| |
que non veñen na historia porque lles aqueceu de aconteceren
despois" e dunha Nota final, na que se nos desvela o nacemento
do libro que, nun principio, estaba destinado a ser un guión
para o escenario, para ser representado polos monicreques
de Viravolta; así mesmo, explícasenos que sen Diogo e Aser,
os seus fillos, este libro nunca se tería escrito nin publicado.
Esta obra aborda moitos temas, entre os que podemos sinalar
o inconformismo, a discriminación, a soidade, a arrogancia,
o egocentrismo, a fealdade, a vergoña, ...
Cóntasenos a historia da creación dun mundo e, no lugar dun
mundo ordenado, xérase un caos, orixinado pola desconformidade
dos animais e a inexperiencia do Creador, que remata anoxándose.
No medio desta revolta toma relevancia un vermiño insatisfeito
co seu aspecto físico, que provoca a mofa dos demais. Para
solucionar este problema, o vermiño decide saír ó exterior
só pola noite para non ser visto, pero, aínda aí, o vixilante
nocturno, o Moucho, escoita os seus saloucos. Conmovido, aconséllalle
que vaia á procura do Creador, pensando que este lle poñería
fin ó seu complexo. Nesta longa busca o vermiño vaise atopando
con diversos personaxes ata que, finalmente, atopa o Creador,
de moi mal humor, nunha das súas múltiples reunións. Explícalle
o seu terrible problema, mais ó Creador parécelle unha parvada
e decide iluminar o seu corpo cunha luz nocturna para resaltar
a súa fealdade. Cando, despois dun tempo agochado, o vermiño,
agora vagalume, sae ó exterior, deixa abraiados coa súa fermosura
a todos os demais animais.
Esta historia do verme parte dun conto de tradición oral que
posteriormente foi reelaborado por autores cultos. Aparece
contada por unha narrador en terceira persoa omnisciente que,
ó igual que nestas narracións orais populares, fai continuas
apelacións ós lectores para implicalos nos feitos, que suceden
nun tempo descrito con palabras que recordan o comezo de Cien
años de soledad:
(...) un tempo no
que o mundo era novo, moi novo, tan novo que todo el recendía
a mazás verdes e terra mollada.
Moitas cousas estaban por facer e as que xa estaban feitas
eran tan recentes que chamaban pola vida coa voz alegre da
desorde.
O espacio é tamén indeterminado, aínda que hai referencia
a Galicia, da que no Glosario se di o seguinte:
Sucede con este sitio
o que sucede coa maior parte dos sitios que aparecen nos contos:
non se sabe moi ben se existe ou non existe. Hai quen di que
si, hai quen di que ese sitio non é un sitio, senón un vento
espallado por canto mundo hai. Se fose un vento a mover as
velas da nave Trasalba e a acoller o voo das gaivotas de Rianxo,
non quedarían dúbidas da súa existencia.
 |
|
Ilustración
de Lázaro Enríquez
|
|
|
Neste
fragmento podemos observar xa outra característica fundamental
deste libro, que representa unha clara homenaxe a múltiples
autores das literaturas galega e universal: aludíase anteriormente
de xeito indirecto a Otero Pedrayo (Trasalba) e a Castelao
(ou Manuel Antonio ou Dieste con Rianxo), pero tamén aparecen |
explicitamente outros autores: Esopo, Lewis Carroll, Andersen,
os irmáns Grimn, Torrente Ballester, Cunqueiro, Celso Emilio
Ferreiro; ou personaxes: o negro Panchito, Simbad, Alicia,
o capitán Nemo, Nils Holgerson; ou mesmo versos de Novoneyra:
"No bicarelo do bico do brelo cantaba o paxariño, no mesmiño
bicarelo do bico do brelo".
En cada un dos personaxes destacan unha ou varias características
(a fealdade, a beleza, a soidade, a vaidade, ...), pero non
están trazados de xeito maniqueo, de maneira que quen le a
obra ten sempre a posibilidade de interpretalos libremente.
A lingua empregada é moi coidada e abunda en frases feitas
e expresións populares perfectamente integradas na narración,
o que dá unha idea do profundo coñecemento do autor neste
ámbito. En palabras de Agustín Fernández Paz:
Velaí vai o verme lino antes de que
fose un libro, pois eu estaba no xurado que lle deu o premio
Raíña Lupa. Parecérame daquela un libro moi bo, máis que pola
historia en si, pola calidade da súa escrita. A historia (ou
as historias) que se conta no libro tamén me interesou, pero
non me pareceu tan novidosa e salientable como a escrita,
propia dun autor que debeu traballar moito o texto (porque
os textos bos non saen por xeración espontánea, ou por "inspiración",
senón que precisan de moitas horas de traballo sobre eles),
con resultados máis que satisfactorios.
|
|
| |
historias desenvolvidas que propoñen brevemente tres finais
coma en Rodari. Pártese dunha situación "estraña" e, desde ela,
imaxínanse tres camiños para desenvolvela ou explicala, apurando
ó máximo para chegar ó final. Ademais, é frecuente que os finais
estean dispostos de xeito gradual, atendendo á dificultade de
lectura. O libro complétase cunha especie de anexo titulado
"Os meus finais preferidos".
Son moitos e diversos os personaxes destes relatos: un iglú
que desexa marchar para os países quentes ("Blum, o iglú");
un grilo que cantaba mellor cós xílgaros, pero o seu canto non
era máis ca un laiar de grilo triste que suplicaba unha escada
de cristal ("Frin, o grilo"); unha palabra sen nome ("Unha palabra");
un misterioso home azul ("Home azul"); unha bóla do mundo que
desexa ser balón ("O mundo de Rabelo"); ou un peixe canso de
ficar inmóbil nunha foto ("O peixe Glus"), entre outros.
A temática é, polo tanto, tamén moi diversa: a solidariedade,
a amizade, o capricho, o castigo, a envexa, a liberdade, o egoísmo,
a imaxinación, ... e todo isto narrado, coma na primeira obra,
cunha lingua extremadamente coidada e suxerente. |
|