|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Este
foi o seu primeiro libro, que viu a luz en 1991. É unha
edición do autor, os poemas están mecanografados e contén
ilustracións.
É un libro de iniciación, por veces caótico e non sempre
de fácil lectura, posto que abundan os substantivos e
adxectivos escuros.
Xoga constantemente coa linguaxe e percíbese a influencia
de Manuel Antonio. |
|
|
|
|
| |
Esta
obra constitúe unha viaxe introspectiva na que atopamos a dor,
a miseria, o baleiro, o solpor, o insomnio, as tebras, o medo
ou mesmo referencias á morte.
A palabra iú aparece explicada como a onomatopea do vento, metáfora
da confusión, a desorde ou os transtornos persoais. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
A
publicación, no ano 1995, deste libro sen título inaugura
unha nova maneira de escribir do autor.
Coma a maior parte das súas obras, esta tamén é edición
de autor. O formato, en papel reciclado, é moi orixinal
e coidado. A obra iníciase cun poema manuscrito do autor.
O amor é o seu tema por excelencia e revélase na contemplación
limpa e alegre da amada, xa que o eu poético constrúe
unha fabulación propia da |
|
|
|
|
| |
infancia, chea de pureza e de maxia;de feito, este libro foi
cualificado no seu momento como pseudo-naïf. Ademais deste
tema, aparecen tamén pequenos relatos poéticos nos que o eu
é un simple espectador: o amigo que garda flores no armario,
o roubo da froita na claudieira do veciño ou a lúa que se
reflicte nos mexillóns.
Nalgúns
versos obsérvase perfectamente a relación entre a emotividade
humana e a natureza. Esta última aparece con frecuencia en
todo o poemario, ó igual que o campo, a aldea, etc.
A linguaxe que emprega é sinxela, sonora e con frecuencia
coloquial. Chaman tamén a atención e a orxinalidade dalgunhas
imaxes:
| |
E
ti que es costureira
cóseme como mellor vexas
que igual doutra maneira
cóseme alguén que non me quere |
| |
|
| |
Como
formigas cargadas de moreas de cousas distintas
andan os días atrás dun |
Caracterízase
pola ausencia de puntuación e maiúsculas; tampouco emprega
rima nin métrica e obsérvase unha tendencia ó verso longo
e narrativo en composicións como:
| |
pasou
un coche doente pola pista sen bachear e tívose que
chimpar
de
cu ás silvas que estaban pechas de amoras e houbo quen
pensou
que se mancara cando o viron chegar coa camisa sangrada
dos
rabuñazos e co doce escuro das amoras negras callado
nos fuciños
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
O
seu terceiro poemario, publicado en 1997, titúlase propiamente
son captivo, está editado por Letras de Cal e a
ilustración da portada é do Propio autor.
Este
libro naceu a partir dunha noticia do xornal na que
se contaba o xeito cruel en que mataran uns osos: enchoupándolles
en mel unhas esponxas coas que afogaron. Isto motiva
a presencia no libro de dous elementos básicos nesa
historia: a morte e a dozura.
|
|
|
|
|
| |
A
obra está dividida en dúas partes. A primeira está composta
por poemas relacionados coa selva, entendida como aquelo que
non se deixa dominar e que tamén representa a fascinación, o
medo e mesmo a carencia de palabras ante o descoñecido. Dentro
desta parte hai dúas seccións con título propio: "estampas da
selva", constituída por un único poema centrado na figura dun
rinoceronte; e "a selva estampada", conformada por distintos
"cadros" descritivos polos que desfilan elefantes, cebras, leóns,
leoas, gacelas ou ñus.
Antes da segunda parte hai uns versos de transición, dispostos
verticalmente na páxina: o
día está hoxe tan pechado de néboa / porque ás poucas flores
hainas que deixar ser hoxe violetas. Aquí, en poemas
xa de corte narrativo, cóntanse historias relacionadas con outros
temas. Por exemplo, unha delas sitúase nunha paisaxe de campo,
cun home e unha muller como protagonistas; eles, no medio dos
seus xogos amorosos, ven como no alto do monte hai lume e ninguén
o vai extinguir.
Con relación ós aspectos formais cabe destacar que carece de
métrica e rima coma nos libros anteriores. O uso das maiúsculas
si que aparece, pero con valores propios distintos ós convencionais.
Finalmente, é salientable tamén a especial disposición dos textos.
|
|
| |
|
|
| |
fucsia,
talladas, estampados, boca
|
|
| |
|
|
| |
| O
seu libro máis recente titúlase fucsia, talladas, estampados,
boca (Edición do autor, 2002). As catro palabras que
conforman o título teñen en común a referencia a varios
sentidos, fundamentalmente a vista e o gusto; fucsia e
estampados están relacionados coa vista e vinculados ó
mundo da moda, mentres |
|
|
|
|
| |
|
|
|
que
talladas e boca evocan o sentido do gusto. As lapelas
do libro conteñen unha especie de "galería de fotos" en
pequeno formato do propio autor e antes dos textos propiamente
ditos figuran citas de N. Maquiavelo, Ernesto Cardenal,
García Lorca e Aníbal Núñez.
O poemario está dividido en tres partes: a primeira leva
por título "cirolos impresos" e nela as páxinas están
divididas horizontalmente, de xeito que na parte superior
fálase da natureza e do medio ambiente (maceiras e cerdeiras
de antes, hortas, grandes serras do Deza,...) e pola inferior
"corre" unha especie de cinta na que se expoñen pés de
foto de suplementos dominicais sobre moda. Inténtase plasmar,
con esta técnica, que ambos os mundos están existindo
ó mesmo tempo, aínda que a postura da voz poética diante
deles é ben dispar: na banda superior están reflectidas
as súas preocupacións, intereses, anhelos e emocións sobre
a natureza, mentres que a inferior se reserva para aquelo
que non lle interesa, a pesar da súa aparente beleza,
porque a moda é só aparencia e está baleira de contido,
malia estar moi presente na sociedade actual.
A segunda parte da obra titúlase "o bocado á boca" e a
terceira e última "o lobo", composta por tres poemas nos
que se emprega unha técnica que poderiamos bautizar como
"sumativa", dado que o 1º poema consta dunha estrofa,
o 2º inclúe a estrofa anterior e engade unha nova e o
3º repite o procedemento renovando só a última estrofa.
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|