páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
   
     
 
Antoloxía de textos
 
     
 

estoume preparando tódolos días para mandarche
O LIBRO DOS rinocerontes

páceno tódolos días e non llo
podes coller porque o defenden

pero é un libro con tantos
rinocerontes sen estabular

é un libro que ten tantos rinocerontes

se non comes hoxe na casa
pasa sen comer e ven ver

o pacer dos rinocerontes
na planta do prado salvaxe

e cultivan na herba que tocan
cortan só para eles
o seu libro

(de propiamente son captivo, 1997)

 
Álvaro Negro
 
     
 
Detalle da portada de [Sen título]
 

o meu amigo garda flores no armario
cólgaas das perchas cun cordel
préndeas pola base do talo cun cordeliño das infusiós
/de menta e
de tila e quedan boca abaixo
semellan un xardín do revés
un lugar coas vacas escondidas

(de [Sen título], 1995)

 
     
 

abalolio
bico pequeno

as contas que ti botas
sobre o día que vai facer
son atinadas

e os astrónomos
meu amor
que saben medir
e non saben medir

non saben medir
se che da o sol
do meu cariño grande

coma un fento
cuberto todo polo sol

e os abalolios
cos que te adorno
que son caracois
planetas e estrelas
moi lentos moi lentos

nen os astrónomos que mais saben
os saben medir

(de [Sen título], 1995)

 
Xabier González Arias: Porta
 
     
 
G. Aymerich: Estampado. Pintura dixital sobre un traxe de C. L. Barcala

 

 

plantas con pelos nas follas
plantas que me dan polos calcañares coas que me rozo
/porque vou polo medio do prado
sen camiño nen carreiro, só dirección
risa das flores amarelas
herbas verdes e saltós
os saltós estanse empezando a ver
na nacencia
andamos polos últimos de maio

herbas non industriais que quedan nos prados
unhas cómense outras non,
non producen,
pero as que producen aprétanas pra que produzan

 

 

OS COMPLEMENTOS DE MODA DESTA TEMPORADA. I. Sofisticada sandalia con tacón de agulla e cordóns que se anoan no nocello, de Stephane Kelián. 2. Colar de contas de varias voltas en tonos matizados,

de Adolfo Domínguez. 3. Mercediñas de tacón e tea gris, de Guy Laroche para El Corte Inglés. 4. Sandalias geisha con minitacón en malla trenzada prateada, de Marks&Spencer. 5. Bolso de forma xeo

(de fucsia, talladas, estampados, boca, 2002)

 
     
 

na túa última carta
disme que me escribes
desde a barriga do tigre
na selva
pola tarde

e como para o tigre
amañece moi cedo
que por iso xa tes o pixama posto
que cho hei notar
pola letra cansa, caída hacia adiante

seica non che falta de comer
ti sabes o que me dis
que hai froitas do tempo
e fontes na barriga do tigre
e ademais tes alegrías que te consolan
de estar lonxe de min

xa non me botas
tanto de menos

barriga do tigre a raias
cunha flor case sempre na cabeza
selva cándida
entre a zona cantaruxeira do río verde
e a zona chamada a miúdo
cristalina do río tranquilo
selva grande

(de o tigre das zenorias, inédito)

eu tamén che escribo co pixama posto
coas letras do teu nome
bordadas de alelís

os teus olliños mansos
e ás veces achispados
bordados de alelís

(de o tigre das zenorias, inédito)

G. Aymerich: Catro elementos:
Grass+ O grass green carpet
Atalaya. Sunny
side up
Arcoiris
Mendigo

 
     
  *As imaxes están tomadas dos catálogos das Bienais "Pintor Laxeiro" de Lalín  
     
 
Opinan sobre el
 
     
 

[Sen título] ofrécenos unha clara mostra das posibilidades poéticas de Celso Fernández Sanmartín, superando as vacilacións e o andar ás apalpadelas do primeiro libro para atopar unha voz poética de seu, con algún eco de poéticas como a de Manuel Rivas, na que mestura recursos literarios expresados con audacia imaxinativa e unha linguaxe coa sonoridade das palabras sinxelas e do ámbito coloquial, onde a palabra poética condensa o intimismo reflexivo do "eu".

Miro Villar

 

A obra de Celso é fresca coma os repolos decorados de orballo. Aparentemente simple e sen artificio, aséntase sobre un labor de depuración que tende a expor con sinxeleza o esencial da emoción que quere transmitir. E única e fundamental no panorama actual, poesía para a emoción, para a vivencia e para o sentimento. A falta da opinión de estudiosos/as ou dunha reflexión máis demorada, podemos dicir que son poucos os autores e autoras, se os hai, que sigan un modelo próximo, pero, a miña opinión, é que a súa obra é un dos elementos fundamentais da poesía contemporánea e, polo tanto, importantísima no devir literario. Con Celso, ademais, recuperamos algo fundamental do texto poético, a súa escenificación. Sempre, a poesía adquire novos significados cando se le en alto, e no caso concreto do noso autor podemos dicir que hai dous actos creativos, o que se plasma ante un papel, e o que se constrúe ante o público, fundamental e necesario para coñecer cal é a mensaxe do autor.

Marta Dacosta

 
     
 
Volver ó índice de Celso Fernández
 
   
 
   
 
     
iescamballon@terra.es