|
Xesús
Ron é membro do grupo de teatro Chévere
desde 1987. Das inquedanzas de Chévere nace a Sala
Nasa en 1992, en Santiago, un espazo autoxestionadao
para a liberdade creativa.
Pola Nasa pasan espectáculos de todo tipo: rock, hip-hop,
teatro, cabaret e outros espectáculos escénicos
e audiovisuais. A Nasa xa é un punto de referencia
para a vangarda da cultura galega onde conviven diferentes
culturas, linguaxes e artes.
O grupo Chévere defínese pola liberdade e a
variedade, e desde o seu primeiro grande éxito -Río
Bravo- até hoxe, o seu espírito
revolucionario e desinhibido son unha referencia central para
a escena galega contemporánea.
|
Representación
de Río Bravo
|
 |
Que
é para ti a creatividade?
É moi difícil chegar a unha definición
concreta do que é a creatividade. Dalgunha maneira
pódese definir como esa canle de expresión entre
o que para ti son as cousas máis privadas e as viviencias
máis colectivas. Compartir as túas inquedanzas
cos demais esperando unha resposta.
Consideras
que vivimos nunha sociedade creativa?
A verdade é que non demasiado, e cada vez menos. Penso
que cada vez é máis difícil expresarse
creativamente. Vivimos nunha sociedade de masas onde cada
vez o individuo ten menos valor, e ao perder este valor tamén
se perden eses matices que aportan creatividade. É
unha sociedade que ten poucas canles para compartir cousas.
Ti
consideraste creativo?
Eu penso que a diferencia entre unha persoa que se adica
ás artes e unha que non é que tratamos de
vivir creativamente. A vida "normal" non che
permite isto. Penso que hai xente que ten dificultades
para vivir creativamente a causa do traballo, das dinámicas
laborais... Unha persoa de 25 anos que ten unha hipoteca
de 30 anos teno |
|
 |
difícil
para vivir creativamente. Son detalles pero contribúen
a que vivas menos o momento e vives nun futuro que nunca chega.
Cal
é a situacion do teatro actual?
Desde hai 50 anos fálase da crise do teatro, pero o
teatro segue aí, e segue tendo algo propio e único:
é a única arte que ocorre en tempo real, nin
antes nin despois, no momento en que hai alguén mirando.
É a arte que se reservou o dereito á liberdade.
O teatro segue tendo unha gran vitalidade, e ademais é
máis dinámico e cultural.
Pensas
que hai diversidade na cultura teatral ou pola contra téndese,
como a mesma sociedade, a unha uniforme globalización?
O teatro é libre pero tamén hai teatro que se
fai como unha tendencia comercial. Por suposto o teatro vive
das cousas que preocupan á sociedade.
Onde
sitúas o teatro galego?
Ao vivir nunha cultura subordinada e ser expresión
dunha lingua minorizada, ten uns problemas propios e carácterísticos.
É un teatro moi recente, foi crecendo a partir dos
80 e 90 e agora non vive un gran momento. Vivimos nun proceso
de estancamento e a principal causa disto é que o teatro
non interesa a ningunha administración pública
desde hai dez anos.
Pensas
que este xénero está suficientemente valorado?
Non, en Galiza non o está, pero avanzamos.. En parte
porque aquí as administracións non o valoran,
pretenden controlalo, e o teatro non se pode controlar.
|