| |
| |
|
| |
|
| |
|
 |
Obra Os ladróns somos honrados |
| |
|
| |
|
| |
|
 |
Obra
Cousas que pasan! de Migallas
Teatro |
| |
|
 |
Recital
poético de María Lado e Kiko Neves |
| |
|
| |
|
| |
 |
| |
|
 |
Obra
de teatro A conxura dos necios
de John Kennedy Toole, representada pola compañía Sarabela.
|
| |
|
 |
Sesión
de contacontos inglés-galego a cargo de Casilda Regueiro
e Tim Bowley. |
| |
|
 |
Charla-coloquio
da escritora Marilar Aleixandre sobre a súa obra A
banda sen futuro. |
| |
|
 |
Sesión
de contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín. |
|
|
| |
| |
| |
|
Cousas
que pasan!
E
ese día será dos que che quedan na memoria,
polo moito que te ris e o ben que o pasas: fomos ao
teatro.
Todo empezaba ben, xa que todo o instituto ía
perder as tres últimas clases. Saímos
en avalancha, parecía que nos dispoñiamos
a invadir Vila de Cruces, porque todos xuntos parecemos
un gran exército. Polo camiño cara ao
auditorio todo ía ben ata que... Puga se espetou
cunha farola. Que risas, parecía que a gracia
do teatro xa a atoparamos alí; todos nos rimos
moito excepto un: el mesmo.
Chegamos ao auditorio e... quedamos abraiados. Parecía
que o alcalde fixera, por unha vez, unha boa obra, e
iso que non fan moitas.
Sentamos,
apagaron os focos e os técnicos que estaban a
montar o decorado dixéronnos que os actores se
ían retrasar. Algúns cremos o que nos
estaban a dicir. O máis probable é que
estiveran a criticar o que sucede ás veces
co retraso dos actores e os que montan o escenario teñen
que esperar.
Pero, sen tempo para máis, os técnicos
cambiaron os papeis e comezaron a facer a obra. Empezaron
por representar "Un día na vida de Johnny",
un rapaz que só pensaba en disfrutar sen ter
ningunha preocupación, era un deses coma os que
se ven moitos agora: Johnny todo o que utiliza é
de marca. Tamén se ve cando súa nai lle
manda presentarse a un traballo e el, en vez de facelo,
vai ver un partido de fútbol; súa nai
bérralle, pero cando o pai o castiga, cambia
de actitude e laméntase polo que lle está
a pasar ao seu fillo, situación que adoita pasar
con certa frecuencia.
Posteriormente, na escena do bocadillo e das noticias
da radio, un home e unha muller interésanse por
diferentes temas da sociedade actual. Á muller
preocúpalle unha noticia sobre a prensa do corazón
(o casamento do Príncipe) e o home sente inquedanza
por unha noticia de fútbol. Faise unha crítica
sobre a superficialidade da xente, á que só
lle preocupan temas banais.
Seguidamente aparecen Vane e Johnny, galegofalantes
que pasan a falar en castelán cando están
xuntos. Pero cando Vane queda soa e aparece un motorista
que estaba perdido, volve falar galego. Esta é
unha situación que se dá moito na actualidade
porque hai xente que pensa que o galego non ten a suficiente
importancia e nós coñecemos casos destes.
Así a todo, unha das escenas que máis
nos fixo rir foi a da entrega de premios ao alumnado,
onde se observa claramente como a rapaza do colexio
privado leva todos os bos detalles por parte da persoa
que entrega os premios.
 |
|
 |
Pero o momento culminante chegou cando sacaron ao escenario
a uns cantos profesores para que fixeran que tocaban
un instrumento e así formar unha orquestra. Entre
eles destacaron o profesor de matemáticas, moi
ríxido e que non movía nada o acordeón,
mentres que ao gaiteiro vén se lle vía
que tiña moitísima experiencia e que xa
leva moito tempo tocando na gaita, todo un profesional.

E
a todo isto, ¿por que a obra se titula Cousas
que pasan!? Pois porque todo o representado pasa
habitualmente entre nós, día tras día.
José
Manuel Puga, Lino Balo, José Manuel Brocos, Iván
Torres e Óscar García, 4º ESO
|
| |
 |
|
A
conxura dos necios
O
pasado mes de novembro fomos ver unha obra de
teatro a Lalín, a cargo da compañía Sarabela,unha
das máis famosas e prestixiosas de Galicia.
|
|
|
A obra que representaban era A conxura dos necios,
escrita por John Kennedy Toole. Nada máis entrar ó auditorio
sentamos e, tras uns longos minutos de espera, apáganse
as luces, empeza a soar a música e aparecen unha serie
de personaxes ¡cunhas pintas....! De seguido vimos no
escenario ó personaxe principal, chamado Ignacio Rei,
un gordo noxento moi peculiar que, ós seus trinta anos,
aínda vive coa súa nai, é virxe, e pasa a vida vendo
a tele mentres bota peidos e eructos e despotrica contra
a sociedade porque cre que se conxura contra el. A historia
comeza cando a súa nai, a señora Rei, ten un accidente
de tráfico debido á súa embriaguez e ten que pagar unha
multa de varios miles de euros; entón a nai decide que
Ignacio ten que buscar o seu primeiro traballo. A partir
de aquí, comezará a traballar nunha fábrica de pantalóns.
Mentres, escríbese cunha tal Mirna, muller adicta ó
sexo, e tamén acode ó pub Noite de ledicia, no que traballan
a propietaria, muller ambiciosa e materialista; a señorita
Treixa, unha romántica medio tola; e o porteiro, un
inmigrante chamado Jones. Así mesmo, aparece un home
moi sinistro que trafica con material porno e está compinchado
coa xefa. Neste bar transcorre boa parte da trama da
obra. Sen embargo, a Ignacio non lle durará moito o
seu traballo, posto que o despiden por intentar sublevar
os traballadores e deixará a Levy, o dono, cunha gran
débeda. Pronto se pasará a outro traballo, vendendo
castañas polas rúas, pero non é para el un traballo
moi axeitado porque a súa fame fai que coma as castañas
todas e, senón, pelexa coa xente da rúa. Un día que
Ignacio vai ó pub, a policía descobre a rede de pornografía
e sairán de alí todos detidos. No cárcere, a señora
Rei anúncialle que vai casar e que non pode pagar a
fianza. Finalmente, Ignacio escapa e foxe con Mirna
no seu coche. Esta obra é moi divertida e trata do reflexo
da sociedade dos nosos días dunha forma un tanto surrealista
e ácida. Ademais, pareceunos que os actores representaban
moi ben os seus papeis e o escenario estaba moi ben
montado, a pesar de que contaba con poucos elementos,
pero estaban moi ben aproveitados.
Ana V. Pardo, Laura López e Tamara Navaza, 1º Bach
|
|
|
|