| |
|
|
|
|
|
Os
antigos, en particular os gregos, poboaron o seu mundo
cunha longa galería de seres fantásticos.
Algúns dos máis célebres presentámoschos
aquí, nun traballo preparado por
|
|
Ana
V. Pardo, Laura Vilanova, Noelia Rodríguez e
Marisa Seijas.
|
| |
|
|
|
A
pesar de que sempre
imaxinamos as sereas como fermosas doncelas con
cola de peixe, en tempos de Homero eran deidades
mariñas con rostro e busto de muller e
corpo de ave.
Fillas de Melpómene e Aqueloo, as sereas
personificaban simultaneamente os encantos e os
perigos do mar,
posto que co seu canto arrebatador atraían
ós navegantes ata os escollos facéndoos
naufragar. Na lenda dos Argonautas, Orfeo triunfou
sobre as sereas gracias ás súas
cualidades musicais. Tamén na Odisea estes
demos mariños teñen un papel importante:
Ulises
quixo escoitar o seu doce e seductor canto e,
para iso, ordenoulles ós seus compañeiros
que o ataran de pés e mans ó mastro
do barco e tamén que taparan os oídos
con cera
para evitar o naufraxio da nave e a morte da tripulación.
|
|
|
|
A
artimaña tivo éxito e o gran navegante
grego conseguiu o seu dobre propósito: escoitalas
e proseguir, indemne, a súa viaxe.
|
| |
|
|
|
|
Son
seres monstruosos, metade home e metade cabalo.
Teñen o busto de home e a parte inferior
do corpo, a partir da cintura, de cabalo. Viven
no monte, aliméntanse de carne crúa
e teñen costumes moi brutais.
Sen embargo, dous centauros, Quirón e Folo,
son hospitalarios, benévolos e non recorren
á violencia.
É famosa a loita dos centauros contra os
lapitas (pobo de Tesalia). Pirítoo, rei
dos lapitas, invitou ós centauros a unha
voda xa que eran parentes seus; pero estes non
estaban afeitos a beber viño e emborracháronse
de contado. Algúns
centauros trataron de raptar as mulleres,
o
que provocou unha pelexa xeral.
|
|
|
Ó
final venceron os lapitas, que obrigaron ós centauros
a abandonar Tesalia. A victoria dos lapitas sobre os
centauros representa o triunfo da civilización
sobre a barbarie. A lenda coñece tamén
centauresas, as femias dos centauros que vivían
con eles nos montes.
|
| |
|
|
|
Era
filla de Tifón e Equidna.
A súa aparencia era a dunha xigantesca
serpe cun número de cabezas que,
segundo as diferentes versións, oscila
entre 5 e 100,
e que volvían medrar ó seren
cortadas.
Ademais de ser velenosa, desprendía
un hálito mortal.
A hidra dedicábase a devastar as
colleitas e matar o gando.
O animaliño en cuestión tivo
que enfrontarse co heroe Hércules
que, cada vez que lle cortaba unha cabeza,
cauterizaba a ferida para impedir que abrollase
de novo.
Na súa loita contra o heroe, Hera
envioulle como axuda outro elemento digno
de mención: o cangrexo xigante Cárcino,
que roeu a Hércules no talón
e este esmagouno pisándolle a barriga.
|
|
|
|
|
Tanto
Cárcino como a Hidra de Lerna pasaron á
historia (ou á lenda) a mans de Hércules.
Ambos os dous teñen unha constelación
no ceo, recompensa outorgada por Hera en recoñecemento
a, cando menos, telo intentado.
|
| |
|
|
|
|
Monstro
da mitoloxía grega
que tiña cabeza de touro e corpo de home.
Minos, rei de Creta,
para demostrar o seu poder pediulle a Posidón
que fixera saír un touro branco do mar,
prometéndolle que sería sacrificado
na súa honra;
pero Minos non mantivo a súa palabra
e Posidón vingouse inspirando en Pasífae,
muller do rei,
unha paixón irresistible polo touro.
De resultas desta paixón,
Pasífae concibiu ó Minotauro.
Cando este naceu, Minos
encargoulle a un arquitecto
chamado Dédalo a construcción dun
labirinto
para ocultar o monstro.
Para alimentalo encerraban naqueles pasadizos
sete rapaces e sete rapazas todos os anos.
Ninguén conseguía saír vivo
ata que Teseo,
fillo do rei de Atenas, viaxou
a Creta e foi quen a matar o Minotauro.
|
|
| |
|
|
|
As
Gorgonas eran tres irmás
chamadas Esteno, Euríale e Medusa.
As dúas primeiras eran inmortais, e só
a última, Medusa, era mortal.
Estes tres monstros vivían no Occidente
extremo, cerca do reino dos mortos.
A súa cabeza estaba rodeada de serpes,
tiñan uns dentes moi grandes, semellantes
ós do xabarín, mans de bronce e
ás de ouro que lles permitían voar.
Os seus ollos botaban chispas e a súa mirada
era tan penetrante
que o que a sufría quedaba convertido en
pedra. Constituían un obxecto de horror
e espanto non só para os mortais senon
tamén para os deuses.
Só Posidón non temeu unirse con
Medusa,
á que deixou embarazada.
Finalmente,
Perseo, bisavó de Hércules,
logrou
darlle morte ó monstro mentres este durmía,
para
o cal contou coa inestimable axuda de Atenea.
Do pescozo cercenado de Medusa naceu o cabalo
alado Pegaso.
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|