páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
 
XOGOS OLÍMPICOS
 
O REXURDIMENTO: ATENAS 1896
 
No ano 363 d.C., coa morte do emperador Xuliano, fracasa o último intento de pechar o paso ao cristianismo e restabelecer o culto aos antigos deuses.
Seis lustros máis tarde, Teodosio I ordena pechar todos os santuarios alleos á relixión oficial do estado e prohibe a celebración dos xogos atléticos.
Olimpia nun debuxo de 1829. Non quedaban rastros das antigas edificacións.
Olimpia é abandonada e a combinación de terremotos, saqueos e inundacións foi cubrindo baixo unha dobre capa de sedimentos e esquecemento as vellas e buliciosas glorias do lugar ata facelas desaparecer por completo. Non estaban os tempos para alegrías do corpo.
Cara a finais do século XVIII as cousas comezan a cambiar e en varios países europeos maniféstase un crecente interese polo deporte e a ximnasia, tendencia que se acentuará no XIX. Ademais, en 1830 proclámase a independencia de Grecia, tras unha guerra de case una década co Imperio Otomán, e desátase en Europa unha forte corrente de simpatía cara o novo estado.
O pasado clásico exerce unha grande fascinación que vai en aumento a medida que se multiplican os achados arqueolóxicos, entre eles os que proceden das escavacións que se efectúan en Olimpia.
Na mesma Grecia realízanse, entre 1859 e 1889, catro certames atléticos "panhelénicos", que pese á súa modestia impulsan a idea de revivir a antiga festa do deporte.
O barón Pierre de Coubertin
Finalmente, no Congreso de París de 1894, animado sobre todo polo entusiasta pedagogo francés Pierre de Coubertin, fúndase o Comité Olímpico Internacional e acórdase a restauración moderna dos Xogos Olímpicos, fixándose a súa primeira celebración dous anos máis tarde en Atenas.
E así foi: o 6 de abril
para os gregos, día da
pois aínda se
polo calendario
oficialmente inaugurados
Xogos Olímpicos
de 1896 (25 de marzo
súa festa nacional,
rexía aquel país
xuliano) declaráronse
os primeiros
da era moderna.
Dez días en total entre competicións e cerimonias, catorce países representados, nove deportes en liza
(atletismo, natación, esgrima, tiro, tenis, halterofilia, loita grecorromana, ciclismo e ximnasia) con corenta e tres especialidades e douscentos sesenta atletas participantes que, ao igual que na Antigüidade, eran todos de sexo masculino, pois as mulleres aínda non eran admitidas.
A primeira medalla foi para o estadounidense Connoly, gañador do triple salto. Pero a proba que se agardaba con maior expectación era unha contenda allea ao olimpismo antigo, introducida agora como homenaxe ao lendario soldado que comunicara aos atenienses a vitoria lograda sobre os persas, en 490 a.C., tras salvar os corenta quilómetros que separaban a cidade da chaira de Maratón.
Hola! Son Spyros Luis, o primeiro gañador da maratón.
Tomaron a saída dezasete corredores. Dise que algúns non só descoñecían o trazado exacto da proba senón incluso a súa verdadeira extensión. O certo é que case tres horas despois o estadio Panatenaico víñase abaixo de fervor olímpico e patriótico ao ver entrar en cabeza ao número 17...
... dorsal que identificaba ao grego Spyros Luis, augador de profesión nunha época na que Atenas carecía de saneamento. Vese que non mesturaba traballo e ocio, pois contan que a metade do percorrido detivérase a reparar forzas bebendo un vaso de... viño.
O 15 de abril caeu o

O 13 de agosto de 2004
a cita, novamente
pano daqueles Xogos.

volverá levantarse;
en Atenas.
 
 
Índice Xogos | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es