páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
 
TEATRO GREGO
 
  E AGORA...
TÓCACHE A TI SAÍR A ESCENA
 
E ben? aprendiches o teu papel? Entón chegou a hora de que cambies a butaca polo escenario. Aquí tes unhas preguntas que che axudarán a calibrar o que aprendiches.
Pincha sobre unha das imaxes que acompañan a cada posíbel resposta, vai facendo a suma das que acertas e, ao final, poderás saber se ganaches os aplausos ou polo contrario
a xente pide que lle devolvas os seus cartos.
 
1 - O ditirambo era:
 
a) unha festa en honor de Dionisos
b) un canto coral en honor de Dionisos
c) un membro do séquito de Dionisos
 
2 - O primeiro autor de obras teatrais foi:
 
a) Arión
b) Pisístrato
c) Tespis
 
3 - Que tres subxéneros comprendía o drama grego antigo?
 
a) drama satírico, comedia e traxedia
b) comedia, epopea e traxedia
c) ditirambo, traxedia e drama satírico
 
4 - O autor máis destacado do terceiro e derradeiro período da comedia grega é:
 
a) Aristófanes
b) Filemón
c) Menandro
 
5 - En que comedia de Aristófanes se parodian as ideas de Sócrates?
 
a) Aves
b) Nubes
c) Ras
 
6 - Que filósofo é autor da Poética, obra en gran parte dedicada ao estudo da traxedia?
 
a) Aristóteles
b) Platón
c) Sócrates
 
7 - Cantas obras debían presentar os autores nos concursos dramáticos?
 
a) catro os tráxicos e unha os comediógrafos
b) dúas os tráxicos e dúas os comediógrafos
c) tres os tráxicos e unha os comediógrafos
 
8 - Os gastos xerados polo coro debía pagalos:
a) o arconte
b) o corego
c) o corifeo
 
9 - A psicanálise moderna fixo de certa traxedia antiga un punto de apoio fundamental para o desenvolvemento das súas teorías; referímonos a:
 
a) Agamenón de Esquilo
b) Edipo rei de Sófocles
c) Medea de Eurípides
 
10 - No seu pleno desenvolvemento, os actores con parlamento que tomaban parte na representación dunha traxedia, eran:
 
a) dous
b) tres
c) catro
 
11 - Cal destes elementos era alleo ao actor de comedia?
 
a) coturnos
b) máscara
c) membros postizos
 
12 - O espacio que ocupaba o coro chamábase:
 
a) koilon
b) párodo
c) orquestra
 
Ben, por fin rematamos. Pincha na imaxe correspondente ás túas respostas correctas e saberás que opinión lle mereces á crítica.
 
De 1 a 3 respostas acertadas
 
De 4 a 6 respostas acertadas  
De 7 a 9 respostas acertadas  
De 10 a 11 respostas acertadas  
12 respostas acertadas  
 
 
volver a índice | arriba |seguinte exercicio
 
   
 
     
iescamballon@terra.es