| |
|
|
|
Nesta
páxina poderedes curiosear pola biblioteca de
clásicas guiados polos vosos propios compañeiros.
|
|
|
|
|
| |
|
|
El
Misántropo
de Menandro.
Resume
e comenta
Begoña García
Otero , 4º B (2006-2007).
|
|
|
O
personaxe central desta comedia é Cnemón
(o misántropo do título), un labrego que
odia a todos os seus conxéneres e non quere ter
relación con ningunha persoa, agás coa
súa filla e cunha vella criada que vive con eles.
Sóstrato é un mozo, fillo dun campesiño
rico, que se namora da filla de Cnemón, pero
non sabe como ten que facer para pedila en matrimonio.
A obra comeza cunha conversa entre Sóstrato e
o seu parasito Quéreas, o cal opina que Sóstrato
non debeu confiar ao escravo Pirrias a misión
de convencer a Cnemón sobre os seus bos sentimentos
cara a súa filla. Mentres falan, aparece Pirrias
perseguido a pedradas por Cnemón. Non vai ser
doado persuadir o pai da rapaza, xa que non quere tratos
con ninguén e se lamenta todo o tempo de que
non o deixen en paz e de que chamen continuamente á
porta.
Logo aparece a filla de Cnemón, desconsolada,
contando que á súa ama de cría
lle caeu un cántaro no pozo e agora non pode
quentar a auga para o seu pai. Sóstrato ofrécelle
a súa axuda, pero aparece Daos - un escravo de
Gorxias, o medio irmán da moza - e veos xuntos.
Máis tarde, Daos coméntalle o caso ao
seu amo.
Chega Sóstrato e Gorxias, despois de falar con
el e decatarse de que as súas intencións
cara á súa irmá son serias, aconséllalle
que se poña a traballar con eles como peón
e así poderá acercarse á moza.
Convencido por Gorxias, Sóstrato colle o sacho
e marcha ás leiras. Entón aparecen Sicón
(un cociñeiro) e Xetas (un escravo do pai de
Sóstrato), que van ata o santuario do deus Pan
para ofrecerlle un sacrificio por encargo da nai de
Sóstrato.
Despois de moitas horas de traballo, Sóstrato
volve esgotado e desmoralizado porque non puido falar
con Cnemón nin ver á súa amada.
Un contratempo detivo a Cnemón na súa
casa: Xetas e Sicón fóranlle pedir un
caldeiro e esa conversa deixouno moi enfadado. Cando
xa Sóstrato está de volta, aparece Símica
contando que lle caera o cubo ao pozo e teme a reacción
de Cnemón. En efecto, o vello bérralle
a Símica e encérrase de novo na casa.
Despois duns momentos, sae de novo Símica pedindo
axuda porque Cnemón caera ao pozo cando intentaba
sacar o cubo. Será o seu fillastro Gorxias, de
quen antes Cnemón non quería saber nada,
quen o saque de alí coa axuda de Sóstrato,
se ben este demostra estar máis atento á
filla que ao rescate. O vello misántropo confesa
o seu erro ao ter considerado a todos os homes inimigos.
Dáse de conta agora de que alguén é
capaz de arriscarse por salvarlle a vida, precisamente
a el que rexeitaba todo contacto cos demais. Encárgalle
a Gorxias que busque marido para a súa filla
e Gorxias aproveita a ocasión para dicirlle que
Sóstrato sería un bo esposo para ela.
Cnemón non se nega e, deste xeito, só
queda que Sóstrato desvele a Calípides,
seu pai, as súas intencións de desposar
á filla de Cnemón. Pídelle tamén
a man da súa irmá para que case con Gorxias.
A isto Calípides oponse, argumentando que con
que haxa un pobre na familia xa é suficiente,
pero ao final tamén accede. Todo termina felizmente
e as vodas celébranse esa mesma noite. Non obstante,
Cnemón négase a asistir. Á hora
do banquete, Sicón e Xetas aproveitan que todos
están distraídos para vingarse de Cnemón,
que aínda estaba mal pola caída. Fixérono
sufrir con tódalas cousas que o vello odiaba
e deste modo, quixese ou non, tivo que resignarse a
participar no festexo; prefería aguantar a toda
a familia xunta que non a eles dous castigándoo
duramente.
|
| |
|
|
| |
|
ÚLTIMO
ACTO EN PALMIRA
de Lindsey Davis.
Resume
e comenta
Inés Vila Caramés,
4º A (2003-2004).
|
 |
|
|
Falco
é un investigador da antiga Roma que coa súa noiva,
Helena, sae na procura de Sofrona, unha organista fugada.
Ao chegar a unha montaña atopan o cadáver dun home nunha
cisterna, e cando comunican o sucedido, son detidos.
Finalmente déixanos marchar, aínda que acompañados por
Musa, un sacerdote daquela mesma montaña. Falco entra
na compañía de teatro á que pertencía o falecido e comeza
a investigar. Unha noite, alguén empurra a Musa dentro
dunha cisterna, da que consegue saír con axuda. Máis
tarde, prodúcese outro asasinato, o de alguén que ía
proporcionar algunhas informacións a Helena. Mentres
atravesan o deserto, de camiño a Palmira, Helena é picada
por un escorpión pero logra salvarse. Xa en Palmira
encontran a Sofrona. Durante a representación, Falco
descobre ao asasino, que atopará unha morte inesperada.
Na miña opinión,
este libro está moi ben escrito. Gustoume moito a súa
intriga ata o último momento, aínda que ao principio
pareceume un pouco aburrido. Encántame como describe
as paisaxes esta escritora e como narra os pensamentos
de cada personaxe.
|
| |
|
|
| |
|
|
LOS
DOCE TRABAJOS
DE HÉRCULES
de Christian Grenier.
Resumen
e comentan
Rocío Garnil Mella
e Belén López Soto,
4º B (2003-2004).
|
|
|
Hércules,
protagonista de todo o relato, é fillo de Xúpiter. Naceu
tras unha artimaña do deus que se disfrazou de
Anfitrión, rei de Tebas e marido de Alcmena, aproveitando
que este estaba na guerra. Ao decatarse desta aventura
a celosa esposa de Xúpiter, a deusa Xuno, declarouse
inimiga de Hércules ata o punto de facerlle a vida imposíbel,
e para danalo, decidiu protexer ao seu primo Euristeo,
ao cal axudou a converterse en rei de Tirinto. Un día
tras unha intervención de Xuno, Hércules volveuse tolo
e inconscientemente matou os seus fillos e a súa esposa.
Por causa diso foille imposto un castigo que consistía
en servir ao seu primo Euristeo ata rematar doce traballos
impostos polo oráculo de Delfos. Os traballos foron:
1) sacarlle a pel ao león de Nemea; 2) matar a hidra
de Lerna; 3) capturar o xabaril de Erimanto; 4) coller
a cerva sagrada de Cerinia; 5) matar as aves do lago
Estínfalo; 6) domar o touro do rei de Creta; 7) levar
a Euristeo as eguas de Diomedes, que se alimentaban
de humanos; 8) limpar as cortes de Auxias; 9) conseguir
o cinto da amazona Hipólita; 10) roubar os bois de Xeriones;
11) coller as mazás de ouro do Xardín das Hespérides;
12) quitar o can Cérbero do Hades.
A obra gustounos
porque nos mantiña intrigadas ata o final e non sabiamos
como ía conseguir derrotar os seus inimigos. Aínda que
con tantos nomes é algo laborioso.
|
| |
|
|
| |
CUENTOS
Y LEYENDAS DEL
NACIMIENTO DE ROMA
de François Sauterau
Resume
e comenta
Alejandro Fiúza
Mosquera, 4ºA (2003-2004)
|
|
|
|
Todo
empeza na cidade de Alba Longa, cando ao rei Procas
lle naceron dous fillos, Numitor, un rapaz amable e
tranquilo, e o seu irmán pequeno Amulio, máis orgulloso
e caprichoso. Cando Procas estaba morrendo, xuntou os
seus fillos e decidiu que Amulio repartiría a herdanza
e Numitor escollería primeiro. Amulio quedou coas propiedades
e Numitor co poder. Pero Amulio, como era tan egoísta,
foi capaz de expulsar o seu irmán, matar o seu sobriño
nunha cacería e á outra filla de Numitor, Rea Silvia,
fíxoa vestal de modo que non puidera ter fillos; así
quedaríalle a Amulio todo o poder para el. Pero Rea
Silvia coñeceu ao deus Marte nunha fonte e tivo dous
fillos xemelgos con el. Cando Amulio se decatou, encerrou
a Rea Silvia nunha cela e mandou a un criado matar os
nenos, pero este botounos ao río. Alí os atopou unha
loba e púxose a aleitalos. Fáustulo, un dos pastores
de Numitor, veuno, colleunos e levounos para a súa casa.
Cando se fixeron maiores, Rómulo e Remo descubriron
que eran netos de Numitor e devolveron ao seu avó o
trono de Alba Longa. Numitor ofreceulles gobernar pero
os rapaces non quixeron e decidiron fundar unha cidade.
Remo morreu e Rómulo fixo unha gran cidade acollendo
a calquera persoa que o desexara. Pero non había mulleres
e canso de mandar expedicións para casar aos seus homes,
decidiu organizar unha festa que aproveitou para raptar
a todas as mulleres casadeiras. Por esa acción tivo
guerras cos pobos veciños pero finalmente todo acabou
ben. Cando xa tiña todo feito, deixou a cidade ben firme
e subiu co seu pai Marte.
Este pequeno
libro pareceume de fácil comprensión, cun vocabulario
simple pero culto. A narración é moi detallada. Conta
a historia dunha familia que ten esa ovella negra que
é Amulio que sempre está enredando a vida dos demais;
pero como tiña que ser non lle saíron as cousas ben.
Esta lenda mostra sobre todo o diferentes que poden
ser dúas persoas, aínda sendo irmáns.
|
| |
|
|
| |
|
|
CÉSAR
Y ROMA
de
Charlotte Bernard
Resume
e comenta
José Manuel Puga
García, 4ºA (2003-2004)
|
|
|
Esta
é unha obra na que atopamos parte da vida dun dos personaxes
máis emblemáticos de toda a historia, César, e unha
pequena referencia á vida de calquera romano e á súa
cidade, Roma. Comezaremos por falar de César. Foi este
un home pertencente a unha familia nobre, a Iulia. Desde
moi pequeno tentaron darlle unha boa educación e converteuse
nun home de ampla cultura. Pero, por encima de todo,
en César destaca o seu paso triunfante pola carreira
política. Comezaría por ser tribuno militar para pasar
logo a ser cuestor, edil, pontífice máximo ou pretor.
Posteriormente ocorrerán varios feitos que serán transcendentes
na vida de Xulio. E é que formará triunvirato con Pompeio
e Craso, chegará a cónsul, gobernará as Galias e provocará
unha guerra civil que o enfrontará a Pompeio. Este último
e os seus seguidores serán derrotados. Desta maneira,
o Senado faralle entrega do título de dictador e acabará
sendo asasinado. Pero na obra César y Roma a
cousa non quedará aí. A autora séguenos a falar de aspectos
do mundo romano que reseño a continuación. Entre eles
atópase, por exemplo, a vida do exército romano: a súa
organización, a comida, o desprazamento de tropas, tácticas,
lugares pechados nos cales permanecían durante un período
de tempo curto..., son algúns dos temas dos que se nos
fala. A sociedade romana ocupa outro lugar destacado
neste libro. Esta estaba composta por cidadáns, libertos
e escravos. Pero entre os cidadáns podemos atopar os
patricios, ou aristócratas, e os plebeos que tiñan unha
condición social máis baixa. E finalmente teremos que
falar dalgúns lugares importantes da cidade de Roma.
Especial mención faise do foro, un lugar onde se daban
as noticias, se reunía a xente para falar de negocios...
Estes son, así por riba, os temas que o libro trata,
aínda que son numerosos e variados os aspectos que narra
da vida romana.
Foi este un
libro que desde o primeiro momento quería ler, porque
estaba moi interesado en coñecer a vida do xeneral César.
É unha obra moi amena e que á vez fai que amplíes o
teu nivel de coñecementos, xa que se nos conta a vida
dun dos pobos máis emblemáticos e relevantes da historia.
César, as tropas, o foro, a sociedade romana... farán
que te mergulles nunha profunda lectura que se fará,
inevitablemente, moi curta para os teus intereses. Por
iso, este libro recomendaríallo a calquera persoa, xa
que se dará conta da importancia deste tipo de lecturas,
do boas que serán para aumentar o seu nivel cultural.
|
| |
|
|
| |
|
LA
ILÍADA
de Homero.
Resume
e comenta
Leticia Santiso Sequedo,
4º B (2003-2004)
|
|
|
|
A
Ilíada conta o noveno ano da guerra de
Troia, que enfronta a gregos e troianos porque Paris,
príncipe de Troia, raptara a Helena, muller de
Menelao; e relata o que se chama "a cólera
de Aquiles" xa que este deixa de combater porque
Agamenón lle quitara a Briseida, a muller que
lle concederan nun reparto de botín. Desta forma,
sentíndose aldraxado, Aquiles abandona a loita.
A guerra continúa sen el pero coa participación
dos deuses inmortais, como Atenea e Hera de parte dos
gregos, e Afrodita e Apolo de parte dos troianos. Este
comportamento fai que Zeus decida intervir pero non
logra detelos.
Chegou a haber un trato entre gregos e troianos, cando
Paris e Menelao decidiron loitar entre eles, e así
quen gañase quedaría con Helena e acabarían
con aquela guerra sanguenta. A loita empezou e a vitoria
estaba nas mans de Menelao se non fora porque Afrodita
axudou a Paris levándoo nunha nube á súa
morada. Menelao reclamou a vitoria, pero non lla concederon,
o que supuxo que a guerra continuase cada vez con máis
morte e sufrimento. A dor apodérase de todos
e o medo corre polo sangue dos guerreiros mesturado
coa rabia e a valentía. A guerra deu un xiro
definitivo cando Patroclo lle pide a Aquiles que o deixe
loitar, e este préstalle parte das súas
tropas. Esto supón un golpe duro para os troianos
que nese momento tiñan nas súas mans a
vitoria. Pero Héctor, gran guerreiro de Troia
e fillo de Príamo, mata a Patroclo. Este suceso
fai que Aquiles tolo de dor e rabia se una á
guerra, o que espalla o medo nas tropas troianas. Aquiles
ansioso de vinganza mata a Héctor, e o poema
acaba coas lágrimas derramadas polos troianos
no enterro de Héctor.
A
Ilíada é un poema que impón,
que te deixa impresionado e cheo de sentimentos. Homero
móstranos con dureza e realidade e a dor que
provoca unha guerra, deixando pais sen fillos e fillos
sen pais. É un poema impresionante con partes
narrativas moi fermosas e versos que te enchen. Gustoume
moito o libro porque te deixa como nunha nube, expresa
moi ben os sentimentos, a dor, o medo que causa unha
guerra de tales dimensións. Neste poema o amor
e a dor entrecrúzanse. Realmente é unha
obra mestra.
|
|
|
|
|
| |
|
|
LAS
METAMORFOSIS DE OVIDIO
de Laurence Gillot.
Resume
e comenta
Lidia Fuerte Casal,
4º B (2033-2004)
|
|
|
Este
libro trata das metamorfoses que sufriron algúns personaxes
por culpa dos deuses ou algúns deuses para sorprender,
castigar ou seducir a algúns mortais. A primeira historia
é a de Deucalión e Pirra. Conta a historia que os seres
humanos xa non tiñan respecto polos deuses e Xúpiter,
deus dos deuses, castigou ao mundo cunha chuvia que
durou nove días e noves noites. De toda a terra só sobreviviron
un home e unha muller, Deucalión e Pirra. Estes entraron
nun templo e imploraron a Temis, que lles díxo que seguiran
adiante, camiñaran e as pedras converteríanse en persoas.
Deseguida, continúan outras historias de transformacións:
Dafne, que se converteu en loureiro para fuxir de Apolo;
Ío, convertida en vaca por Xúpiter; Clímene e as súas
fillas, convertidas en árbores; Calisto e o seu fillo,
transformados en estrelas; Xúpiter, volto touro para
seducir a Europa; O cazador Acteón, metamorfoseado en
cervo por castigo de Diana; A historia da ninfa Eco,
dos namorados Píramo e Tisbe, a de Hermafrodito que
era metade home e metade muller; Aracne, que tecía mellor
que Minerva e por iso a deusa trocouna en araña; o escultor
Pigmalión que namorado dunha das súas estatuas, logrou
que cobrase vida, e outras historias máis.
A
min gustoume o libro porque amosa como os humanos estaban
sometidos aos deuses. Ademais os mitos son moi entretidos
e son orixe de moitos vocábulos que hoxe usamos.
Algúns dos mitos son bos, outros non tanto, pero
todos presentan moitas curiosidades.
|
| |
|
|
| |
AGAMENÓN
Y LA GUERRA DE TROYA
de A-C. Vivet-Rémy
Resume
e comenta
María Mora Pardo,
4º B (2003-2004)
|
|
|
|
Son
quince capítulos, ou mellor dito mitos, que se
enlazan os uns cos outros.
I) Tántalo: Aínda que é
un mortal, Tántalo é invitado por Zeus
a moitos dos seus banquetes. En "agradecemento",
Tántalo mata ao seu propio fillo e dállo
de comer aos deuses. II) O suplicio de Tántalo:
En castigo, Zeus condénao a sufrir eternamente
fame e sede. Por outra banda, devolve a vida a Pélope,
o fillo de Tántalo. III) Pélope:
Pélope pide a man de Hipodamía, filla
do rei de Arcadia, Enómao. Para logralo, debe
vencelo nunha carreira de carros. Así o fai;
Enómao morre arrastrado polos seus cabalos e
Pélope sucédeo no trono. IV) Atreo
e Tiestes: Son dous irmáns, fillos de Pélope,
pero á vez inimigos. Atreo proclámase
rei e invita a Tiestes a un banquete onde lle serve,
sen que el o saiba, aos seus propios fillos. Cando Tiestes
se decata, ponse a vomitar e maldice a Atreo.V) Menelao
e Helena: Atreo casa con Pelopia, que espera un
fillo de Tiestes, cousa que Atreo non sabe. Os seus
outros fillos, Agamenón e Menelao, marchan a
Esparta e alí casan coas dúas fillas de
Tindáreo, Clitemnestra e Helena. Ambas as dúas
familias estaban malditas. VI) A mazá da discordia:
No Olimpo celébrase unha voda. A Discordia, que
non estaba invitada, arroxa a Zeus unha mazá
que pon: "Para a máis fermosa". Hera,
Afrodita e Atenea quérena para si e Zeus propón
que sexa Paris quen elixa. Finalmente Paris entrégalla
a Afrodita, que lle prometeu o amor de Helena. VII)
O rapto de Helena: Paris chega a Esparta, onde
é ben recibido polo rei Menelao. Cando este debe
marchar a Creta, Paris sen dubidalo escapa con Helena
e así é como se declara a guerra entre
gregos e troianos. VIII) O sacrificio de Ifixenia:
O adiviño Calcante dille ao exército que
Agamenón ofendeu a Artemisa e que debe sacrificar
a súa filla máis fermosa, Ifixenia. Agamenón
dálle voltas pero non pode evitalo, pois doutro
modo non poderían partir cara a Troia. IX) A
guerra de Troia: Pasaron nove anos. No bando grego
hai unha disputa entre Agamenón e Aquiles e este
abandona a batalla; pero volve cando coñece que
Patroclo, o seu mellor amigo, morreu a mans de Héctor.
X) A morte de Héctor: Aquiles enfróntase
a Héctor e mátao, pero máis tarde
morre tamén el ferido por unha frecha que lanza
Paris. XI) O cabalo de Troia: Os troianos
atopan un gran cabalo de madeira e méteno na
cidade, crendo que os gregos marcharan. Pola noite,
cando os troianos están bébedos, os gregos
saen do interior do cabalo e incendian a cidade. XII)
A vinganza de Clitemnestra: Ao cabo de dez anos
Agamenón regresa e é ben recibido por
Clitemnestra, a súa muller, pero logo ela mátao
para vingar a morte de Ifixenia. XIII) Electra:
Electra busca desesperadamente a Orestes, o seu irmán,
para matar á súa nai e ao amante desta,
Existo, e así vingar a morte do seu pai, Agamenón.
XIV) A volta de Orestes: Orestes regresa finxindo
que é outro e di que trae nunha urna as cinzas
de Orestes, que morreu. Clitemnestra e Existo póñense
contentos, pero Orestes asasínaos aos dous. XV)
Epílogo: Orestes foxe do palacio e despois
de vagar un largo año, Atenea sálvao e
absólveo do seu crime.
Aínda
que hai moitas mortes e asasinatos crueis gustoume porque
foi entretido. Son moitos mitos pero relacionados os
uns cos outros.
|
| |
|
|
| |
|
|
YO,
CLAUDIO
de Robert Graves.
Resume
e comenta
Karlota Salgado Leal,
4ºB (2003-2004)
|
|
|
Este
foi o libro que decidín ler. Opino que foi unha
boa elección, xa que, a pesar de todas as horas
dedicalas a lelo, foi entretido e valeu a pena. Tamén
teño que dicir que non eran poucos os personaxes
do libro; todo un equipo de fútbol! Ai de min
se non fora pola árbore xenealóxica do
final! Pero con paciencia ía pillando quen era
o pai de quen, e quen era o fillo ou o tío avó
do outro. Si, si, parece algo rollo pero todo
se consegue. E ben; o libro cóntanos a suposta
autobiografía de Claudio. Este era un singular
emperador romano, que parecía ter todos os defectos
e enfermidades coñecidas: era medio xordo, nacera
prematuramente, tartamudeaba, era coxo debido a unha
parálise infantil, e moitas máis que penso
que me levaría toda a folla contalas. Pero pese
a todo isto, era intelixente. Todos eran crueis e severos
con el, incluso súa nai Antonia, a súa
avoa non avoa Livia, o seu avó non avó
Augusto (ups!, parece que se me está pegando
o estilo de Robert Graves). A súa infancia foi
dura. Ao fin Claudio, xa un home maduro, acaba sendo
emperador. El non quería selo, pero despois dunha
longa historia, nada menos que 35 anos, chea de loitas,
guerras, diferentes representantes políticos,
e centos de asasinatos, vese obrigado a acepta-lo posto.
O único que lle pasaba pola mente naqueles instantes
era que, sendo emperador, a xente lería os seus
libros, moi bos, por certo, xa que traballara neles
durante trinta e cinco anos. E tamén pensaba
en todas as oportunidades que tería para consultar
os arquivos segredos e descubrir o que en realidade
sucedera en tal ocasión ou en tal outra.
Como
xa dixen, é un bo libro. Recoméndovos
que o leades; ao mellor, a primeira vista credes que
seredes incapaces de ler tal cousa, de case 600 páxinas,
pero ao que a lectura vos vaia enganchando a cada pouco,
non o deixaredes pola metade; que volo digo eu.
Un saúdo a todos os que visitades a nosa web!
|
| |
|
|
| |
|
|
|