|
|
| |
|
Por
fin inauguramos!
Fomos de excursión e contámoscho nesta
|
|
CRÓNICA
DA VIAXE POR TERRAS LUCENSES
|
|
(As
nosas cronistas oficiais son
Karlota Salgado, Leticia Santiso, Sandra Varela, Sonia
Méndez e Lidia Fuerte)
|
|
|
| |
|
|
A
saída foi o venres 12 de marzo. A chuvia ameazaba.
Chegamos a Lugo sobre as once da mañá e dirixímonos
ao concello.
Alí esperábanos outro colexio (o IES de Cedeira),
que tiña un itinerario moi parecido ao noso.
|
|
|
|
|
O
alcalde recibiunos amablemente no salón de plenos
do Concello onde
nos deu un pequeno discurso. Por certo, era bastante
"enrollado" e ademais,
antigo profesor de filosofía. Entregoulles uns
presentes ás profesoras, e algunha
(sen nomes) ben colorada que se puxo.
|
|
|
|
|
|
|
Máis
tarde, saímos cara á catedral dirixidos por unha
guía do concello.
É unha catedral relativamente pequena, pero de
gran interese cultural, xa que se aprecian nela
distintos estilos arquitectónicos, como o románico
ou o neoclásico.
|
|
|
|
|
E
sempre a presencia das murallas...
|
| |
|
|
| |
|
...obra
romana construída como elemento defensivo, que sufriu
deterioros co tempo pero que aínda se conserva en moi
bo estado. Alí tiramos un par de fotos...
|
| |
|
|
| |
|
...e
marchamos de novo cara á Praza do Concello...
|
|
...onde
tiña lugar unha concentración
en contra do terrorismo e do masacre do 11 de marzo
en Madrid.
Gardamos uns minutos de silencio e a todos nos veu un
mal sabor de boca
pola perda de tantas vidas inocentes.
|
|
A
climatoloxía melloraba e aínda nos faltaba por visitar
o Museo Provincial,
|
|
|
edificio
de tres plantas de alto que alberga xoias da cultura
castrexa, mosaicos romanos, gravados
e pinturas de distintos autores, debuxos de Castelao,
cerámica de Sargadelos, etc.
|
|
|
|
|
|
Xa
logo eran horas de comer e marchamos cara ao comedor
da Escola de Maxisterio.
|
Xa
fartos, tivemos un tempiño libre para dar un paseo ao
noso aire.
Unhas aproveitaron para mercar roupa e outros para ligar
como podían.
Se é que había que facer máis saídas destas, que se
pasa moi ben! Tomade nota, profes!
|
| |
|
|
| |
|
E
ao fin, o obxectivo da excursión: a obra teatral Miles
Gloriosus, interpretada polo grupo Sardiña.
|
| |
|
Esta
obra é de Plauto, e está
considerada como
unha das mellores comedias
de todos os tempos,
e tamén dentro da produción
literaria do autor.
|
|
Hai
que dicir que os actores
eran moi bos e a maioría
non pasaba da nosa idade.
Rimos moito e foi unha
boa experiencia.
|
|
| |
|
Tamén
queremos agradecerlles ás mestras que nos acompañaron
a gran paciencia
|
|
que
demostraron ter ao superar a dura proba de aguantarnos
todo o día.
|
|
|
| |
|
|
|
Na
reportaxe gráfica colaborou Gloria Junquera
|
|
|
| |
|
E
DE PROPINA...
DÚAS FOTOS AÍNDA
|
| |
|
|
|
|
| |
|
Preme
na foto se queres ampliala.
|
| |
|
|