| |
|
|
| |
| Intervencións |
 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Hai
unhas semanas apareceu no instituto un home xigante, un home
con zancos. Avelino González, actor e director de teatro,
chegou ao centro convidado pola Equipa de Normalización
Lingüística para facer a presentación do
Clube da Lingua. E o Clube está comezando a andar.
A idea é aportar entre toda a comunidade escolar actividades
para promover o uso e mellorar as actitudes cara á
lingua galega.
O
home dos zancos trouxo alegría, entusiasmo e sorpresa.
E abriu as portas a unhas expectativas de dinamización
escolar que todos e todas nós podemos ir construíndo
participando, colaborando, aportando os pasos dun camiño
que quere ser novo, sorprendente, educativo e para todos e
todas, de todos e todas: o camiño da normalización
lingüística.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
A
nosa forma de mirar o mundo!
Un cristal, un rotulador e unha cámara de fotos dixital.
E xente. Eses e esas somos nós. A xente de detrás
do cristal. E un tema sempre presente por diante da nosa cara,
dos nosos ollos: a lingua.
Entre
ti e mais eu, a lingua.
Sobre a superficie transparente do cristal, as nosas palabras,
os nosos debuxos, a nosa pegada dixital.
Somos nós, xente nova de Vila de Cruces, Galiza, Planeta
Terra.
É a nosa mensaxe sobre o cristal para sermos vistos
coa nosa lingua de por medio, entre nós e o mundo.
A través da nosa lingua, a través do cristal
da realidade.
|
|
| |
|
|
| |
Fai
clic nas fotos se as queres ver máis grandes: |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
En galego, en positivo! é unha campaña que
quere ser unha forma de promover o uso e mellorar as actitudes
cara á lingua galega do noso alumnado.
En
galego, en positivo! quere ser un impulso, un xesto por parte
do profesorado que pretende facerlles cegar aos alumnos e
alumnas a nosa boa receptividade cara á lingua.
En
galego, en positivo! quere facerlles cegar aos nosos alumnos
e alumnas a idea de que con nós poden empregar a sua
lingua sen problemas, expresándose en galego non só
nos ámbitos informais do instituto -recreo, corredores...-
senón tamén nos formais.
En
galego, en positivo! quere ser un xesto de aceptación
aberta da lingua galega e, sobre todo, de normalidade.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|