| |
De
seguido ofrecémosche unha selección de obras,
ordenadas
cronoloxicamente
e brevemente comentadas, que teñen que ver co tema
da lingua, desde perspectivas moi diferentes.
 |
 |
 |
| |
Jesús
Tusón: Mal de linguas, Edicións
Positivas, 1990, 138 páxs.
(Traducción do catalán de Xulio
Sousa).
O
feito de que todos sexamos usuarios das linguas
fai que, con frecuencia, opinemos sobre elas coma
se fosemos uns expertos na materia; así,
é habitual escoitar que hai linguas fáciles
e difíciles, doces e brutas, con moito
léxico e con pouco léxico, etc.
Estes e outros prexuízos lingüísticos
son analizados neste interesante libro por Jesús
Tusón, profesor de Lingüística
na Universidade de Barcelona, que conclúe
que é necesaria unha nova educación
lingüística porque, do contrario,
moitas linguas acabarán morrendo e con
elas parte do patrimonio cultural ó que
pertencen.
|
|
 |
 |
 |
|
|
| |
|
 |
 |
 |
| |
Daniel
Romero e Isabel Vaquero: Da periferia á
rede. Internet en Galicia. Lingua e contidos,
editado por Xerais, 2001, 419 páxs.
Este libro trata de analizar a situación
da nosa lingua no mundo de Internet, para así
abrir un debate do que poidan xurdir propostas
fructíferas para o futuro. Despois de varios
capítulos de contextualización,
estudian a lingua e os contidos en termos xerais
e mais nos ámbitos particulares da Administración
pública, o ensino, a empresa, os medios
de comunicación, as organizacións
sociais e as industrias lingüísticas
e culturais. Aínda que os datos que nos
fornezan xa non estean, inevitablemente, actualizados,
as tendencias que se observan son, cando menos,
preocupantes.
|
|
 |
 |
 |
|
|
| |
|
 |
 |
 |
| |
Varios
autores: Longa lingua. Os contos da Mesa,
editado por Xerais, 2002, 167 páxs.
Este
libro de relatos naceu por iniciativa da Mesa
pola Normalización Lingüística,
que lles propuxo a 18 narradores e narradoras
socios desta entidade que escribisen un conto
no que se reflectise algunha das caras da situación
lingüística que vivimos hoxe. O resultado
é tan diverso como os autores, que son
Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran
Alonso, Xurxo Borrazás, Paula Carballeira,
Ramón Caride, Uxía Casal, Henrique
Dacosta, Lois Diéguez, Ánxela Gracián,
Agustín Fernández Paz, Bieito Iglesias,
Manuel Núñez Singala, Román
Raña, Suso de Toro, Xelís de Toro,
Xosé Vázquez Pintor e Luísa
Villalta.
|
|
 |
 |
 |
|
|
| |
|
|
|
 |
 |
 |
| |
Xosé
Henrique Costas: Guía das linguas de
Europa, editado por Edicións Positivas,
2002, 181 páxs.
Esta
guía dános unha información
básica sobre cántas linguas hai
en Europa, ónde se falan, o seu número
de falantes, a súa familia lingüística,
o seu grao de vitalidade,... Ademais facilítanos
unha relación de webs sobre linguas que
non teñen, polo menos neste momento, estado.
|
|
 |
 |
 |
|
|
|