páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 

PLANO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO
(POC)
Plano de Apoio ó proceso de E-A. (POE)

Plano de Acción Titorial (PAT).

Plano de Orientación Académico e Profesional. (POAP)


O plano de orientación do Centro (POC) precisa dunhas metas e obxectivos orientados en función das necesidades educativas e orientadoras da zona, do contexto onde se ubica o IES e os seus centros adscritos.
Os obxectivos, poderían se-los seguintes:
· Axudar na prevención de problemas e dificultades educativas.
· Asesorar na avaliación psicopedagóxica e na resolución de situacións problemáticas no eido escolar.
· Asesora-lo profesorado na función docente e na actuación titorialä.
· Asisti-los pais e nais na acción pedagóxica.
· Intervir socioeducativamente na redonda da escola e da comunidade.

Plano de Apoio ó proceso de Ensiananza - Aprendizaxe.
Plano de Orientación Académico e Profesional.
Plano de Acción Titorial.

Desde o Plano de Apoio ó proceso de E-A, xa se está incidindo no que se refire a coordianción e a organización da Educación deApoio a alumnos con necesidades educativas especiais. Asesoramento a AC. o PDC, etc.
Desde o Plano de Orientación Académico e Profesional coido que sería interesante introducir un Programa de Orientación para a Inserción Laboral e tamén un Programa de Orientación para a Inserción Académica, ámbolos dous programas serían dos autores Álvarez González (1995) e Alvarez Rojo (1992).
Desde o Plano de Acción Titorial (PAT) procuraríamos dinamiza-la Acción Titorial,
1. cos seguintes obxectivos:
+ Previr dificultades de aprendizaxe.
+ Integra-lo alumno no grupo - clase e a dinamización de actividades no Instituto.
+ Orientación Académico e Profesional.
+ Inforr ó alumnado, profesorado e pais.
+ Coordinación Pedagóxica co resto de titores e co profesorado do grupo.
2. Cos aspectos organizativos,
+ Tempo para a titoría grupal na ESO.
+ A titoría como actividade educativa organizada (por programas ou non).
+ Apoio e asesoramento especializado á acción titorial (do departamento de orientación).
3. Cunha programación semanal, mensual, trimestral ou anual. En función da Etapa os seus obxectivos:
Na ESO, os obxectivos poderían ser:
- Coñece-lo traballo persoal de cada alumno.
- Dinamiza-la vida afectiva do grupo - clase.
- Face-las correspondentes AC.
- Orienta-lo grupo.
- (...).
Na FP.
- Factores de personalidade do alumno (intereses profesionais, ...).
- Coñecemento do entorno laboral.
- Toma de decisións (análise, tipos, ...).
- Búsqueda de emprego (curriculum vitae, probas psicotécnicas,...).
- Modalidades de contratación laboral.

índice de orientación | arriba

 
   
 
     
iescamballon@terra.es