páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 

Como mellora-la velocidade lectora

________

- Para aumenta-la velocidade lectora temos que partir dos fundamentos do que é ler. Ó ler os nosos ollos van movéndose a base de saltos ou fixacións nas que se agrupan unha ou varias palabras. Polo tanto, para aumenta-la velocidade o que temos que pretender é realiza-lo menor número de fixacións posibles en cada liña para así nunha soa fixación abarca-lo maior número de palabras posibles.

Podemos ver mellor esto nun exemplo:

"Nas praias / de tódolos mundos / reúnense os nenos/ O ceo infinito / encálmase / sobre as súas cabezas; / a auga / impaciente, alborotase.

/ Nas praias de tódolos mundos / os nenos reúnense, / gritando e bailando" (Brunet 1988, páx.93)

(Os espacios entre barras son o grupo de palabras que se perciben dun so golpe de vista, fixación, por un lector normal)

- Intenta practicar todo o que poidas con textos que che atraian, aínda que teño que recoñecer que a poesía pode axudarte a mellora-la velocidade, xa que as frases e liñas son máis cortas.

EXEMPLOS DE TEXTOS PARA TRABALLAR AS FIXACIÓNS NA LECTURA

"O 12 de outubro de 1992 / un avión Fairchild F-227/ da Forza Aérea Uruguaia,/ alugado por un equipo/ afeccionado de rugby, / despegou de Montevideo, / en Uruguai, /en voo cara Santiago de Chile. / Noticias do mal tempo nos Andes/ obrigaron o avión/ a aterrar na cidade de Mendoza /en territorio arxentino." (Brunet 1988, páx.99)

"O asilo está /a dous quilómetros / do pobo. Fixen o camiño / a pé. / Quixen ver a mamá / axiña. Pero o porteiro / díxome que / era necesario ver antes / ó director. / Como estaba ocupado,/ esperei un pouco. / Mentres tanto, / o porteiro estúvome falando, / e axiña / vin ó director. Recibiume / no seu despacho. / Miroume./ Despois estreitoume a man / e retivoa tanto tempo /que eu non sabía / como retirala." (Brunet 1988, páx.98)

Tamén podemos aumenta-la velocidade lectora da seguinte maneira:

Elixe tres páxinas seguidas dun libro que che motiven e que estean máis ou menos igual cubertas de texto.

a) A primeira folla tela que ler á velocidade que normalmente o fagas, pero procurando entende-lo que les.

b) A segunda folla, a continuación, lela a maior velocidade posible, sen preocuparte en entende-lo que les ou en se te saltas palabras e sen volver atrás.

c) Por último, a terceira folla lela á maior velocidade que poidas, pero esta vez asegurándote que entendes o que les e seguindo as pautas das que falabamos antes das fixacións e de procurar no volver atrás (un dos maiores problemas dos lectores lentos).

Ó rematar de ler a terceira folla apuntas o tempo que che levou esta última. Este exercicio debelo realizar cinco días á semana durante 3 semanas e logo descansar un. Se a velocidade ves que non aumenta repite este tipo de exercicio ou proba a seguinte técnica: Coloca una postal debaixo da liña que les, tratando de ir aumentando progresivamente a rapidez da lectura e lendo cada liña con só tres ou catro fixacións, segundo sexa a súa lonxitude.

índice de orientación | arriba

 
   
 
     
iescamballon@terra.es