páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
     
  índice de plástica e visual  
     
    índice de plástica e visual
     
   
índice de plástica e visual
     
    índice de plástica e visual
 
 
 
 

Os pasos para a fabricación artesanal de papel reciclado son os seguintes:
1.- Trocéanse follas de papel de periódico ou outros papeis en anaquiños pequenos.

   

2.- Bótanse nun recipiente con auga e déixase que a auga empape o papel polo menos durante 24 h.

3.- Cunha batedora das que se teñen na casa, de man, tritúrase o máximo posible a preparación anterior; ó resultado chamámoslle "polpa de papel". Se se desexa pódese engadir unha cullerada sopeira aproximadamente de cola branca. Se se quere que o papel teña unha determinada cor, engadiráselle tamén o colorante preciso. Bátese todo.

   

4.- Cóllese un puñado ou dous da polpa de papel e noutro recipiente engádese auga e vólvese bater. Bótase todo na bandexa, tina ou similar onde se vaia introducir o bastidor, e compróbase se hai polpa suficiente (que ó tomar a auga entre as mans se vexa bastante, sen grumos) e senón engádese máis. Se o papel sae moi gordo é porque hai polpa en exceso, pódese amañar engadindo un pouco máis de agua.
5.- Unha vez que teñamos a mestura, procédese a introducir o bastidor, pouco a pouco e en diagonal, ata tocar o fondo da bandexa; déixase uns segundos en posición horizontal para que se vaia depositando a polpa e levántase suavemente sen perder a horizontalidade. Déixase escorrer encima do recipiente, axudándose cunha baeta.

6.- Cando estea ben escorrido, levántase o marco superior e o que contén a polpa envórcase encima dunha tea, levantando o molde con coidado deposítase o papel, ponse encima outra tea, unhas cantas follas de periódico para absorber a humidade evolta a empezar…

7.- As follas que se fagan prénsanse durante 1 día como mínimo e logo esténdense ata que se sequen.

a Reciclaje de papel
 
   
Para esta actividade podemos utilizar calquera tipo de papel que non teña a superficie satinada. Unha suxerencia é a de reutilizar papel escrito a máquina, a ordenador ou fotocopiado só por unha cara.
- En primeiro lugar, é necesario protexer con papel de periódico a zona na que imos traballar e o lugar onde colocaremos os papeis tinxidos a secar. Como empregaremos óleos, recoméndase tamén o uso dun mandilón o unha peza de roupa similar.
- Comezamos botando uns dous dedos de auga tibia na cubeta e deixándoa repousar ata que alcanza a temperatura ambiente.
- En recipientes de vidro imos preparar as cores diluíndoas en augarrás, procurando que a consistencia sexa homoxénea e bastante líquida.
- Probamos sobre a superficie da auga o grao de dispersión da pintura, que debe ser inmediata. Se a pintura non se dispersa, haberá que engadir máis augarrás á mestura e probar de novo. Podería deberse tamén a que a auga estea demasiado fría. Se, pola contra, a pintura se dispersa con excesiva rapidez, é preciso engadir máis óleo á mestura.
- Cando a consistencia das cores sexa a adecuada, límpase a superficie pasando tiras de periódico a ras da auga.
- Os papeis que se desexan tinxir han de ser un pouco máis pequenos cá cubeta, e han de estar preparados cerca dela para que o proceso non sufra paróns.
- Déixase gotear a cor ou cores elixidas sobre a superficie da auga. Unha vez que está todo na cuberta, remóvese cun pauíño para crear un diseño máis ou menos libre. Convén traballar con rapidez para que as cores non se mesturen demasiado.
- Collemos o papel que queremos tinxir polos dous extremos diagonalmente opuestos e estendémolo con suavidade sobre a auga, coma se o desenrolaramos, para evitar que queden burbullas.
- Cando o papel está estendido soltámolo de todo dispoñémonos xa para recollelo. Para iso, levántase por un lado, déixase gotear uns instantes e colócase a secar.
- Se aínda hai suficiente pintura na superficie, introdúcese outro papel. No caso contrario, engádese máis.
- Para cambiar de cor, procédese de igual forma a como eliminamos as probas de pintura: tiras de periódico pola superficie.
- Ó finalizar a actividade, eliminamos a pintura superficial, tiramos a auga e é conveniente que antes de lavar a cubeta eliminemos a pintura dos bordes e a que se precipitou no fondo con bólas de papel de periódico.
 
 
 
   
Mostra dun papel de augas
 
  a  Papel de aguasal principio de la página  
     
     
 

O proceso de debuxar historietas cómicas pode compararse co de escribir (ou debuxar) o abecedario. Non se necesita un talento especial, só algunhas pautas básicas e MOITA práctica. Por exemplo, cando aprendestes a escribir es moi probable que vos dixeran que para facer o A tiñades que unir dúas liñas nun punto, coma a torre dunha igrexa, e logo conectar estas liñas con outra horizontal.

Noutras palabras, tiñades que debuxar e logo A.

Despois veu a parte importante: fixéronvos REPETIR o procedemento un cento de veces, ata que puidestes facelo con facilidade.

   
No humorismo gráfico emprégase a mesma clase de proceso, aínda que con pautas novas. Por exemplo, para debuxar unha cara pedireivos que empecedes debuxando un C lixeiramente aplastado, coma se fose unha salchicha.

A continuación, engadide dous puntos xusto por encima do extremo superior dereito:
Despois debuxade unha liña cara abaixo, desde o centro do C aplastado:
Agora debuxade un C invertido enfronte do aplastado:
Logo trazade unhas liñas en ángulo por encima do punto da dereita:
Finalmente, debuxade unha liña para a boca…¡e teredes unha cara!
Agora vén o máis importante: ¡PRACTICADE!
 
 
  a El Cómical principio de la página  
     
     
 

Imos utilizar o mesmo procedemento para debuxar unha figura básica que máis tarde poderemos perfeccionar.

   

Comezade debuxando o ollo dunha cerradura; é dicir, un círculo arriba e unha caixa abaixo con lados que se estreitarán na parte superior.
Debuxádea moitas veces ata que se pareza á figura de arriba. Agora podedes engadir trazos usando as nosas pautas.

   

Seguidamente vén a parte máis IMPORTANTE: repetide o debuxo unha e outra vez. Usade papel pautado e facede todas as figuras do mesmo tamaño. É importante aprender a facelo desta maneira.

   

Continuade debuxando a Xosé Cerradura ata que PAREZA EQUILIBRADO. É posible que teñades que dedicarlle algún tiempo.

   

al principio de la página

 

 

índice de plástica e visual | arriba
 
   
 
     
  índice de plástica e visual  
     
iescamballon@terra.es