| |
Obxectivos
xerais
 |
Dominar a lingua galega e a castelá. |
 |
Expresarse con fluidez e corrección nunha lingua estranxeira. |
 |
Analizar e valorar criticamente as realidades do mundo
contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen
nel. |
 |
Comprender os elementos fundamentais da investigación
e do método científico. |
 |
Consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles
permita actuar de forma responsable e autónoma. |
 |
Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora
do seu contorno social. |
 |
Dominar os coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais
e as habilidades básicas propias da modalidade escollida. |
 |
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria como
fonte de formación e enriquecemento cultural. |
 |
Utilizar a educación física e o deporte para favorecer
o desenvolvemento persoal. |
Materias
*Os/as
alumnos/as escollerán unha das dúas.
Os/as alumnos/as escollerán un dos bloques de materias
propias de modalidade e unha optativa.
*Os/as
alumnos/as escollerán unha das dúas.
Os/as
alumnos/as escollerán 3 materias propias de modalidade
e 1 optativa. Poden escoller como optativas, materias propias
doutra modalidade.
Non se pode escoller unha optativa con "ll", se
non se escolleu a correspondente "l" en 1º
Bacharelato.
Avaliación
A avaliación
realizarase de forma colexiada, coordinada polo/a titor/a.
A formulación das cualificacións será
numérica, nunha escala do un ó dez sen decimais.
Serán positivas as cualificacións iguais ou
superiores a 5.
Realizarase unha sesión extraordinaria de avaliación
na primeira quincena de setembro.
Promoción
Promocionarán do primeiro ó segundo curso de
bacharelato os/as alumnos/as que foran avaliados positivamente
en tódalas disciplinas do curso e aqueles outros que
foran avaliados negativamente nunha ou en dúas materias.
Os/as alumnos/as que non promocionaran a segundo curso por
ter avaliación negativa en máis de dúas
materias deberán repetir curso e ser avaliados de novo
en tódalas disciplinas de primeiro.
Os seminarios ou departamentos didácticos asumirán
as tarefas de recuperación e avaliación dos/das
alumnos/as de segundo curso que teñan unha ou dúas
materias pendentes do curso anterior. Con esta finalidade
proporanlles ós/ás alumnos/as un plan de traballo
no que constarán os contidos mínimos esixibles
e as actividades recomendadas, así como os instrumentos
de avaliación que permitan verificar a recuperación
das dificultades que motivaron a cualificación negativa.
A avaliación e cualificación das materias pendentes
do primeiro curso realizarase con anterioridade á avaliación
final ordinaria do segundo curso.
Ó rematar o segundo curso, os/as alumnos/as que foran
avaliados negativamente en máis de tres disciplinas
do devandito curso ou de ámbolos dous cursos de bacharelato,
deberán repetir curso e ser avaliados naquelas materias
pendentes de primeiro, se é o caso.
Os/as alumnos/as con tres ou menos materias pendentes de segundo
curso ou de ámbolos dous cursos haberán de cursar
unicamente estas disciplinas.
Para os efectos do disposto no apartado anterior, considerarase
unha soa materia aquela que se curse con idéntica denominación
nos dous cursos de bacharelato, a saber: lingua castelá
e literatura, lingua galega e literatura, lingua estranxeira,
matemáticas, tecnoloxía industrial, latín,
matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, grego,
segunda lingua estranxeira e música.
Excepcionalmente, e por unha soa vez, a dirección do
centro poderá autorizar que os/as alumnos/as con tres
ou menos materias pendentes de segundo curso ou de ámbolos
dous cursos cursen tódalas materias de segundo, coa
finalidade de mellorar as súas cualificacións.
A estes alumnos/as consideraráselles nas materias que
xa tiñan superadas a cualificación obtida na
nova convocatoria, sempre que dita cualificación sexa
superior á anterior. No caso contrario, prevalecerá
a cualificación obtida na convocatoria precedente.
Os/as alumnos/as ou os seus representantes legais poderán
presentar reclamacións perante o/a director/a do Centro
contra as cualificacións finais outorgadas, nun prazo
de cinco días a partir da súa notificación.
Titulación
Para realizar
a proposta da expedición do título de bacharel
será necesario que os/as alumnos/as obteñan
avaliación positiva en tódalas materias.
|