| |
Obxectivos
xerais
 |
Adquiri-la
competencia profesional característica do título. |
 |
Comprende-la
organización e características do sector,
coñece-la lexislación laboral básica
e os dereitos e obrigacións que dela se derivan,
así como os mecanismos de inserción laboral;
dispoñer dos coñecementos e habilidades
necesarios para traballar en condicións de seguridade,
amosando unha actitude preventiva ante os posibles riscos
derivados das situacións de traballo. |
 |
Afondar
na autonomía, identidade e madurez persoal e profesional
de forma que permita realizar futuras aprendizaxes e adaptacións
ó cambio de cualificacións. |
Materias
e módulos
 |
 |
 |
 |
 |
|
CICLO
FORMATIVO |
|
MATERIAS
/ MÓDULOS |
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
| |
1º
Soldadura e caldeirería |
|
|
| |
|
| |
-
Desenvolvementos xeométricos en construccións
metálicas
- Mecanizado en construccións metálicas
- Soldadura en atmosfera natural
- Administración, xestión e comercialización
na pequena empresa
- Relacións no contorno de traballo
- Formación e orientación laboral |
| |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
| |
2º
Soldadura e caldeirería |
|
|
| |
|
| |
-
Trazado e conformado en construccións metálicas
- Soldadura en atmosfera protexida
- Montaxe de construccións metálicas
- Calidade en construcións metálicas
- Seguridade nas industrias de construcción
metálicas
- Formación en centros de traballo (desenvólvese
nunha empresa) |
| |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
Avaliación
Os criterios
e procedementos de avaliación aplicados polo equipo
docente terán en conta a competencia xeral e as capacidades
profesionais características do título, que
constitúen a referencia para defini-los obxectivos
xerais do ciclo formativo e os obxectivos, expresados en termos
de capacidades, dos módulos profesionais que o conforman;
a valoración do grao de consecución destas capacidades
farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación
establecidos para cada módulo. O equipo docente avaliará,
así mesmo, a madurez do alumnado en relación
coas restantes finalidades da formación profesional
específica.
Na avaliación do módulo de formación
en centros de traballo (FCT), terase en conta a valoración
do responsable ou responsables designados polos correspondentes
centros de traballo para o seguimento da formación
do alumnado durante a estadía nestes.
As cualificacións expresaranse mediante unha escala
numérica do un ó dez, sen decimais. Considéranse
positivas as cualificacións iguais ou superiores a
cinco. No caso do bloque de formación en centros de
traballo a cualificación expresarase como APTO ou NON
APTO.
Promoción
de ciclo
Os/as alumnos/as poderán realiza-las actividades programadas
para un mesmo módulo profesional un máximo de
dúas veces. Quen despois da repetición non obtivese
avaliación positiva no módulo, ou quen en calquera
momento abandone o centro, poderá completa-los módulos
profesionais non superados e así concluí-los
seus estudios por algúns dos procedementos previstos
no artigo 53 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro.
Para a realización do módulo de formación
en centros de traballo, é necesaria a avaliación
positiva en tódolos restantes módulos profesionais
que compoñen o ciclo formativo. Sen embargo, un/unha
alumno/a cun módulo avaliado negativamente, poderá
acceder a FCT se o equipo docente considera que o alumno mostrou,
en xeral, un bo rendemento e suficiente maduración.
O equipo docente establecerá as oportunas actividades
de recuperación do módulo non superado, sendo
avaliado no mes de maio. Se o/a alumno/a non superou positivamente
o módulo abandonará a empresa non podendo realiza-la
FCT ata que teña superado o citado módulo.
Os/as alumnos/as ou os seus representantes legais poderán
presentar reclamacións perante o/a director/a do centro
contra as cualificacións finais outorgadas, nun prazo
de cinco días a partir da súa notificación.
Titulación
A superación dun ciclo formativo requirirá a
avaliación positiva en todos e cada un dos módulos
profesionais que o compoñen.
|