| |
|
|
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
Obxectivos
xerais
 |
Comprender e producir mensaxes orais e escritas con propiedade,
autonomía e creatividade nas linguas galega e castelá
e, polo menos, nunha lingua estranxeira; utilizándoas
para comunicarse e organiza-los propios pensamentos e
para reflexionar sobre os procesos implicados no uso da
linguaxe. |
 |
Interpretar e producir con propiedade, autonomía
e creatividade mensaxes que utilicen códigos artísticos,
científicos e técnicos, co fin de enriquece-las
súas posibilidades de comunicación e reflexionar
sobre os procesos implicados no seu uso. |
 |
Obter e seleccionar información utilizando as fontes
nas que habitualmente se atopa dispoñible, tratala
de forma autónoma e crítica, cunha finalidade
previamente establecida, e transmitila ós demais
de maneira organizada e intelixible. |
 |
Elaborar estratexias de identificación e resolución
de problemas nos diversos campos do coñecemento
e da experiencia, mediante procedementos intuitivos e
de razoamento lóxico, contrastándoas e reflexionando
sobre o proceso seguido. |
 |
Formarse unha imaxe adecuada de si mesmos, das súas
características e posibilidades e desenvolver actividades
de forma autónoma e equilibrada, valorando o esforzo
e a superación das dificultades. |
 |
Relacionarse con outras persoas e participar en actividades
de grupo con actitudes solidarias e tolerantes, rexeitando
todo tipo de discriminación debidas á raza,
ó sexo, á clase social, ás crenzas
e a outras características individuais, sociais
e culturais. |
 |
Analiza-los
mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades,
en especial os relativos ós dereitos e deberes
dos cidadáns, elaborar xuízos e criterios
persoais e actuar con autonomía e iniciativa na
vida activa e adulta. |
 |
Coñece-las crenzas, actitudes e valores básicos
da nosa tradición e patrimonio cultural, valoralos
criticamente e elixir aquelas opcións que mellor
favorezan o seu desenvolvemento integral como persoas. |
 |
Analiza-los mecanismos básicos que rexen o funcionamento
do medio físico, valora-las repercusións
que sobre el teñen as actividades humanas e contribuír
activamente á súa defensa, conservación
e mellora como elemento determinante da calidade de vida. |
 |
Coñecer e valora-lo desenvolvemento científico
e tecnolóxico, as súas aplicacións
e a incidencia no seu medio físico e social. |
 |
Coñecer e aprecia-lo patrimonio natural e cultural
e contribuír activamente á súa conservación
e mellora, entende-la diversidade lingüística
e cultural como un dereito dos pobos e dos individuos
á súa identidade, e desenvolver unha actitude
de interese e respecto cara ó exercicio deste dereito. |
 |
Coñecer
e comprende-los aspectos básicos do funcionamento
do propio corpo e das consecuencias para a saúde
individual e colectiva dos actos e decisións persoais,
e valora-los beneficios que supoñen os hábitos
do exercicio físico, da hixiene e dunha alimentación
equilibrada, así como o de levar unha vida sa. |
|
| |
|
| |
Materias
- *Os/as
alumnos/as escollerán unha das dúas.
- Os/as alumnos/as cursarán unha materia optativa en
cada curso, que será a mesma durante todo o ciclo.
- Os/as alumnos/as cursarán preferentemente como optativa
a segunda lingua estranxeira. Non obstante, por razóns
motivadas, o director do Centro, por instancia dos pais e
do titor/a do grupo, e logo do informe do Departamento de
Orientación, poderá autorizar que se curse unha
das outras materias optativas.
- *Os/as
alumnos/as escollerán unha das dúas.
- 3º ESO: os/as alumnos/as cursarán unha materia
optativa.
- 4º ESO: os/as alumnos/as elixirán un dos tres
bloques e logo escollerán o número de optativas
que se indican en cada caso, tendo en conta que se tiveron
Ciencias Medioambientais ou Técnicas de Expresión
Escrita en 3º non as poden volver cursar en 4º.
- 4º Diversificación Curricular: os/as alumnos/as
cursarán unha materia optativa.
- Os/as alumnos/as que escolleron en 3º ESO como optativa
Ciencias medioambientais non poderán elixila en 4º
ESO.
Avaliación,
promoción e titulación en ESO
Dadas
as modificacións que se están a producir na
lexislación non contamos aínda neste curso con
criterios definitivos para a promoción e a titulación
en ESO. Para consultar as últimas informacións
que nos chegaron sobre este tema remitimos á Orde do
25 de agosto de 2003 publicada no DOG
do 15 de setembro de 2003
|
|
| |
 |
|
|
|