páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
 
   
 
Cadea humana na Costa da Morte
 

¡NUNCA MÁIS!
Como xa todos sabemos, un mal equipado petroleiro afundiu nas nosas costas emporcallándoas de fuel e arrasando con el moita fauna mariña. Deste xeito, miles de pescadores, cunha economía que depende das rendas do mar, quedaron á espera de míseras pagas que o goberno lles ofrecía coma se fose un acto caritativo.
Foi entón cando todos os estudiantes galegos nos manifestamos na Costa da Morte; era o 22 de xaneiro e fixemos a maior cadea de escolares que se coñece, aínda que parte das canles de televisión presentaron este gran acto reivindicativo como un fracaso.
A viaxe supuxo un gran esforzo, tanto para o profesorado como para os escolares, pois moitos aguantaron ata catro horas de camiño.
Para chegar á Costa da Morte utilizáronse centos de autobuses, sendo en balde os intentos do goberno por presionar e manipular algunhas empresas de autobuses. Debido a isto, moitos rapaces e rapazas non puideron chegar á costa, pero non foi suficiente para frear o seu enfado e indignación, polo que decidiron, como última opción, saír ás rúas das súas propias cidades.
E así unimos as nosas mans encadeando un bo anaco da Costa da Morte, co fin de que España enteira se decatase da gravidade do feito.

Carlota Salgado, 3º de ESO

   
 
Regresar a Actividades  Extraescolares
 

II Xornadas de Orientación Vocacional
 

Logo de moitas consultas, propostas e chamadas a móbiles e a fixos ¡¡xa están aquí as IIª Xornadas de Orientación Vocacional!! Este ano tiñan bastante boa pinta e os ponentes non nos defraudaron.
O martes 25 de febreiro, entre nubes e claros, comezaron. Moito ruído nos andares, a aula de usos múltiples coma os panos de ouro, os profes nas súas cadeiras, atentos, expectantes ante calquera movemento e os conferenciantes remexendo nas "chuletas" e quizás cavilando: "para que me metería eu nisto", "canto rapaz, que barbaridade, para que logo digan que non hai rapaces", ...
E, por fin, comenzaron. Falouse principalmente do sector do metal, das moitísimas saídas profesionais, das empresas da zona, do día a día na empresa e, como non, dos cartos (a estas alturas non se oía nin o voo dunha mosca) e, despois, aplausos. A historia digamos que foi entretida e con bo rollo, a xente ollaba pouco o reloxo; "isto marcha", pensei. As conclusións deste primeiro día entre profesores e alumnos: "eu non che pensaba que o do ser soldador fose tan valorado profesionalmente".
O mércores 26 de febreiro chegou a tecnoloxía ó Instituto. Os ponentes da Universidade de Santiago con canón e portátil en man apuntaban moi alto. Despois de enchufaren infinidade de cables, comezou a clase maxistral. Nunca pensei que estudiar na Universidade fose tan bonito. ¡Que maneira de vender o producto...! Eran profes de Facultades pero mesmo parecían especialistas de márketing.
Por último, o xoves 27 de febreiro apareceron, a contagotas, os ponentes. Esta era xente da empresa, que empezou desde abaixo, curtida en mil batallas, e pronto o demostraron. Frases e ditos case "míticos" que foron levantando aplausos: "a soldadura é bonita pero debe ser vocacional", "o que se valora na empresa é a responsabilidade", "o que menos traballa é o xefe, pero sempre está aí e ademais é o que abre e pecha a cancela", "ó soldador non lle chega con saber soldar, senón que ten que ser creativo..." . Os rapaces do ciclo de Soldadura e Caldeirería foron aterrando e dándose conta de que a formación é importante, de que onde traballar vailles sobrar, pero que o que máis se valora é a capacidade de traballo de cada un.

   
 
Regresar a Actividades  ExtraescolaresIr arriba
   
 
Concurso de acroximnasia e danzas do mundo
 
Fai clic nas fotos se as queres ver máis grandes
   
 
Regresar a Actividades  ExtraescolaresIr arriba
   
 
Elaboración de grafitti nos muros do instituto
 
Fai clic na imaxe para vela máis grande Fai clic na imaxe para vela máis grande
Fotos do grafitti que leva o nome da nosa revista, Camballón.com, pintado por Javier Avrillón e Brais Eyo (xuño 2003)
   
 
Fotos do grafiti de P. Catón (xuño 2003) Fai clic na imaxe para vela máis grande Fai clic na imaxe para vela máis grande Fai clic na imaxe  para vela máis grande
   
 
Regresar a Actividades  ExtraescolaresIr arriba
 
 
Exposición de traballos de plástica
 
Fai clic nas fotos se as queres ver máis grandes
   
   
 
Regresar a Actividades  ExtraescolaresIr arriba