páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
 
   
 
Visita do alumnado de 1º de ESO ao CGAC
 
   
Torneo de balonmán
 
   
III Xornadas de Orientación Vocacional
 

Na semana do 16 ao 20 tiveron lugar no noso centro as III Xornadas de Orientación vocacional: Xa voltaron as Xornadas de Orientación Vocacional e este 2004 foron as IIIª. O Departamento de Orientación era, unhas semanas antes, todo un rebumbio organizativo, afloraban ideas ou ocorrencias (como diría Ortega y Gasset) por todos os lados: de que falaremos? A quen convidaremos? Ti fai isto, aquel aquilo! Eu a quen presento? Como avisamos aos titores/as? E aos alumnos/as? Onde hai que anotarse? Chamarei á prensa? Vaia revolución...!! Pero ben, pouco a pouco, a cousa foi indo. O programa para este ano era variado e despois de preguntar nas titorías ao alumnado de ESO, Bacharelato e do Ciclo de qué lles gustaría que se lles falara nestas xornadas, decantámonos por: - "información de ciclos medios" e de "Universidade" (os temas de sempre!), que foron os días 19 e 20 de febreiro. - "a cultura empresarial emprendedora" e "o cooperativismo" (temas estrela desta edición!), que se trataron os días 17 e 18. - e unha viaxe - visita "relaxante" polas empresas da Comarca de Deza adicadas ó sector do metal o día 16 de febreiro. Dúas conclusións debemos destacar das xornadas deste ano 2004: por unha banda, que o tempo non chega para nada e os moderadores, cada pouco, tiñan que estar avisando ós tertulianos de que se apresuraran; que os tertulianos, cada vez máis, enrolábanse como "persianas" e que o alumnado había días en que mesmo parecía que se esquecera da "lingua" na casa: nin preguntas nin respostas nin ideas...! E, por outra banda, a gran cantidade de inrformación aceptábel, aproveitábel e moi útil que para o alumnado se lles foi dando nas ponencias; fundamentalmente, naquelas onde xunto ó ponente "teórico" había un ponente "práctico" e se refundía todo nunha realidade empresarial ou formativa desmitificada. Por último, desde o IES Marco do Camballón queremos agradecer a todas aquelas persoas e institucións que participaron nas IIIª Xornadas de Orientación Vocacional e que permitiron que o alumnado percibira a realidade dun xeito non tan academicista. Moitas grazas.

 
   
Camiñada desde O Camballón ata Tuiriz
 
Se queres ver as fotos máis grandes pica nelas
   
 
Volver ao índice de Actividades...