|
A excursión a Santiago de Compostela tivo lugar o pasado 31 de maio de 2006 e estaba dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato.
A primeira visita foi a unha tenda de Comercio Xusto, Panxea, onde nos explicaron quen son, que fan… Estivemos vendo os produtos que venden e ata nos animamos a mercar algunha que outra cousa.
Despois fomos a Galicia Dixital onde visitamos as distintas salas: 3D, o museo baleiro, as cidades do camiño, a visita fondo do mar… Pero sen dúbida o que máis impresionou foi o percorrido polo ceo de Santiago na montaña rusa e adentrándose no subsolo da cidade. Pero aínda en Santiago bótase de menos o IES e paseando imaxes fomos ata Vila de Cruces e localizamos o noso centro de estudos e despois demos unha volta por Galicia.
Xa para rematar subimos ás Cubertas da Catedral onde, ademais de coñecer novos datos, tamén apreciamos unhas vistas impresionantes da cidade. Alí estivemos unha hora, aproximadamente, e deunos tempo a descubrir ocos segredos.
|