As castañas do Magosto ...crudas como en Agosto

E que mellor maneira de empezar ca esta,xa que isto foi o máis característico da festa do Magosto que se celebrou neste centro o pasado 12 de Novembro.Pero non foi o único característico da xornada,que estivo chea de actos conmemorativos,como a xa habitual gimkhana organizada por alumnos do TSAAFAD,e na que podían participar todos os alumnos en grupos de seis persoas,que debían superar unha serie de probas tanto físicas como de intelecto e apaño.Non faltou tampouco o tradicional tiro de corda entre alumnos e profesores,cursos,sexos,etc...,e despois do exercicio que mellor ca unhas boas castañas para rematar a festa.Pero a xornada non rematou para todos aquí, pois foron moitos os que seguiron a festa pola súa banda polos arredores do centro comendo en pandillas de amigos e, como ven sendo habitual,con botelladas e mesmo co consumo de sustancias prohibidas.

O auditorio do 2000.
 
BGM / enviado especial-redacción auditorio.jpg (14940 bytes)

O pasado día 28 de Febreiro,presentouse no salón de plenos da casa do concello os planos do que será o futuro auditorio de Cangas,que estará situado no 27 da avenida de Lugo,no solar da antiga Disconcierto".

O auditorio constará de sótano,baixo e tres plantas.O sótano acollerá un almacén de decorados,dúas salas de ensaio,camerinos,duchas e servicios.O baixo albergará o hall e as oficiñas,,ademais do escenario do que partirá o patio de butacas e os palcos que ocuparán as dúas primeiras plantas.O aforo será de setecentas persoas.O terceiro andar acollerá unha sala de exposicións e a cafetería,con unha gran cristalera dende aque se divisarán os montes de Coiro.

O auditorio conta ademais con sistemas de resonancia para unha case perfecta audición para teatro, aínda que non tan boa en música.

Despois de mil historias e excusas,agora mesmo xa está en construcción, e prevese estexa rematado para Setembro do 2000 e sexa innaugurado coa Mostra Internacinal de Teatro Cómico e Festivo, cousa que se presenta difícil debido os problemas que están a ter coa cimentación.

O servicio de limpeza envía unha advertencia.

O servicio público de limpeza deste centro acaba de ameazar,como outras moitas veces con non limpiar as aulas onde os alumnos non suban as sillas enriba das mesas ó sair, xa que argumentan que "lle leva máis tempo apartar as sillas que limpar a clase" polo que piden a colaboración de todos pedindo que se suban as sillas antes de sair todos os días.

Masificación nas aulas.

Como case tódolos anos no principio de curso,volven repetirse as historias de sempre.Alumnos da opción de ciencias en COU,chegan a ser 40 en asignaturas como Debuxo ou Física en clases recomendadas para 20,mentras nas clases de letras rondan os 23.A pesar de expoñerse o problema por parte de titores e alumnos,o centro non fixo nada por solucionalo e argumenta falta de profesorado e problemas de horario.

Molestos polo"cambio de hora"

Alumnos das clases A, B e D de COU están molestas polo cambio de hora libre que lles corresponde unha vez á semana do Venres a última hora para o Martes ou mesmo o Xoves a 5ª. A xefatura de estudios argumenta "coincidencias de horario".

Alumnos de 4º da ESO e COU están sen profesor fixo de Química.

O profesor asignado para impartir Física e Química en 4º da ESO e Química en COU, Gerardo, deuse de baixa pouco despois de que comezaran as clases este curso. Durante máis de dúas semanas,os alumnos non recibiron clases das respectivas materias ata que viu unha sustituta á que se lle acababa o contrato o pasado día8 de Novembro,polo que os alumnos volverían a quedar sen esta asignatura. Ante a pasividade do centro, meteuse no asunto a APA, que movilizou a pais e alumnos para arranxar esta situación, conseguindo que esta profesora siga impartindo clase. Polo de agora o alumnado confesa estar moi a gusto coa nova profesora. Xa veremos como acaba isto.

A festa do "tornillo" foi un fracaso.

A festa do "tornillo", organizada por alumnos do TSAFAAD e celebrada o pasado Venres 3 de Decembro na discoteca Clip, foi un auténtico fracaso.

Ac estivo alí para cubrir a noticia e facer un amplio reportaxe sobre a festa, pero despois de gastar 400 ptas na entrada,nada de nada.O número de asistentes, sen contar ós empregados e organizadores malamente chegaba ós 20, ata que ó redor da 1:00h se uniron as persoas que saen habitualmente os Venres.Finalmente nin festa nin nada, para outra haberá que facer máis publicidade.

¿Orientación?

Moitos son os alumnos deste centro que andan un tanto"desorientados" andando á procura da orientadora que din por aí que hai este ano,e que nunca atopan segundo eles.A verdade é que arando cedo tampouco o conseguiu. Como di algún alumno"é curioso presumir de ter un gabinete de orientación cando non hai horarios nin información,ninguén sabe nada". Moitos son os que pensan que "de existir"(o ano pasado existía),o gabinete debería ir máis aló da orientación meramente escolar e ampliarse a outros ámbitos como o familiar, psicolóxico, persoal,.e poder axudar en todo o posible ós alumnos con problemas de calquer tipo, e que podería ser conducido por un alumno, aínda que isto poida recordar ó gabinete dun instituto dunha coñecida serie de televisión.

Educación sexual para todos

Alumnos deste centro critican que só os alumnos de 4ºda ESO e 3º de BUP reciban charlas de educación sexual, cando "de sexo falamos todos" -apunta unha rapaza de COU-"ademais os de COU precisamos moito máis este tipo de información, aínda que non se debería excluir a ningún curso". Pola súa banda, os alumnos de Relixióndin estar"fartos"de que os seus compañeiros de ética reciban estas charlas e eles non. Un estudiante apunta que"que sexamos católicos non quere dicir que sexamos parvos e non queremos que se nos exclúa como apestados, estamos fartos disto, de que algúns profesores se metan coa relixión e con nós por escoller esta opción e de que moitos dos que escollen ética teñan a clase libre mentras nós traballamos,¿ou é que por que algúns sectores da Igrexa non acepten o uso do condón xa non temos dereito como españois a saber o que é?.

Pintura en Dirección”

Cando viñemos face-la matrícula en Setembro, moitos alumnos vimos como estaban a pintar o despacho de dirección e non por exemplo as clases (que boa falta lle fai). Quizais o que sucede é que "os plebeyos"non temos dereito a eses luxos, ou senón será que moi mal deixou as paredes o anterior inquilino...

Soliñoprisión: patio de máxima seguridade"

Nos últimos días, vimos como operarios contratados polo concello pechaban o patio de abaixo como se fose unha cárcere. Seica é para que os da ESO non saian do recinto e poidan controlalos mellor os profesores de garda, pero señores, isto é un instituto e non un centro de reclutamento, onde estudia máis xente que os de 1º e 2º da ESO, e non por elo temos que dar un rodeo que lo flipas, e senón se pararan a pensar antes de mesturar alumnos de 12 anos con outros de 23, ¿non sería máis lóxico mandalos ó instituto de Monte Carrasco e traer para aquí os outros de 4º ou 3º?...

AMBULANCIA!!!...

Nestes últimos días de clase do mes de Nadal, a ambulancia parece visitarnos bastante a miúdo. A razón é que os casos mareos e náuseas van en aumento,e mesmo chegou a haber desmaios. Son moitas as as veces que a xente atópase mal pero non comenta nada. Entre as causas atopamos o non almorzar ou a falta de descanso maioritariamente. A cantina está a face-lo seu Agosto gracias a que os alumnos non desaiunan,disparándose a venda de bocadillos e de pastelería industrial.

INSULTOS NA CLASE.

Unha recente enquisa, revela que o 60% do profesorado en España insulta ós seus alumnos, mentras un 50% soe poñer a algún alumno en evidencia diante do resto da clase con frecuencia.

Sumario