Cartas ó director 

Sr. director:

Francamente,  resúltame moi difícil entender a algúns profesores deste instituto. Vaia comentarios corren por aí de algúns!!!. Non logro entender a súa maneira de facer as cousas. Vou comezar falando de dun de Inglés,  e espero que el o chegue a ler para que se dea de conta do que está a facer. Este profesor, e non son a única que o creo, ten moitos favoritismos na clase, só lle fai caso ás persoas que lle caen ben, os cales reciben un trato digamos especial. E xa non digamos se fumas, porque seguramente se el se entera levaraste unha boa sorpresa cando sepas a túa nota:SUSPENSO!!!. Sempre está facendo exámenes sorpresa, e dando cousas sen importancia, sempre o mesmo:pronunciación, pronunciación...!, e sempre che pon unha nota máis baixa da que tes. Olvídate de sacar un sobresaínte en Inglés porque iso é imposible con este. ¿Por qué todo o mundo o odia tanto? A resposta salta á vista.

Seguirei cunha de historia, que suspende ós seus alumnos para que vaian ás súa academia particular, moi coñecida en Cangas, ¡como se non lle sobrase o diñeiro, sen ánimo de ofender esta muller é unha usurpadora!. Non corrixe os exames, e aínda por riba, non sei como alguén pode entender algo de historia ou xeografía e aprobar os exames.

Logo temos ó profesor de Latín, que se enrolla como unha persiana, e na vez de estar dando clase parece que está adar un telediario, e non fai máis que dicir "polo tanto;faremos fincapé", pero polo menos sabe explicar, ainda que ás veces métese coas persoas sen razón, por non falar do creído que é.

Logo temos a un profesor de física, que se vai por ahí sen avisar e non volve a traballar ata que lle apetece, e lo-

go quererá que os alumnos aproben os exames.

Todos os profesores dín que temos unhas responsabilidades, xa miro que exemplo dan algúns deles. Creo que xa sei o que vou ser de maior:profesora ¡isto é un choio!.

  G. Rodas.

ac.jpg (7255 bytes)

 

NOTA:ARANDO CEDO non se fai responsable das opinións verquidas polos nosos lectores. Se alguén se dese por aludido invitámolo a respostar nesta sección. Todos aqueles que queiran enviarnos unha non teñen máis que metela no arandobuzón ou enviaa á dirección  ARANDO CEDO Avda. Montecarrasco 3,  I. E. S. María Soliño 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)

O equipo de redacción

e no próximo número...

¡¡¡PREPÁRATE!!! 

O que viches neste número non é nada comparado co que vas ver no próximo:
enquisas, consultorios, crítica, viaxes, regalos, música, ... ¡¡¡e moito MÁIS!!!
Ainda que nos censuren,  sen dúbida...

¡¡¡vémonos en Febreiro!! DAREMOS DE QUE FALAR!!!

 

Sumario