Consultorio.
¡Hola amigos!.
Un ano máis aquí o voso consultorio ó que podedes escribir para que resolvamos as vosas
dúbidas sentimentais e sobre calqueira tema. Ata o de agora tiñas que preguntarlle a
Deli, a partir do próximo número RANNAPPELA estará encantada de contestarche.
¡Anímate!. Aquí contestamos as do ano pasado. Perdón pola tardanza...
¡Hola DELI!
Ultimamente non
me atopo moi ben, teño un problema que nin te imaxinas. O caso é que dende hai un tempo
venme gustando unhas das profesoras do centro e non teño claro como debo actuar. De vez
en cando(cada vez con máis frecuencia)quédome ó final da clase para facerlle unhas
preguntas e observacións sobre a asignatura, ¡é que non podo evitar namorarme dela, do
seu ollar atento e comprensivo, do seu camiñar natural e despreocupado, da elegancia do
seu vestir e da calidez da súa voz!. Nalgunha que outra ocasión póñome roibo porque
penso que como non se vai dar conta de que non despego os ollos dela dende que entra na
clase.
O outro día foi
terrible. Ela ergueuse da súa mesa e déuno-las costas para escribir, e déuselle por
empregar a parte inferior do encerado, estirou o seu fermoso brazo e entou subíaselle a
chaqueta que tapaba o seu traseiro deixandolle entrever cinguindo pola súa saíña
negra.... Entón deu a volta de súpeto viume observala e púxenme roibo, e creo que se
decatou do que sinto por ela. Estou moi namorado, ¿que fago?
DELI...
Despois de ler con
detenemento a túa carta púxenme a pensar(para iso me pagan)que respostar ás túas
peticións. A verdade é que non sei que podes facer, nunca me atopara con alguén que
tivera ese problema. Sinto trivializar se che digo que se segues así poderás sacar moi
boa nota nesa asignatura. Ó mellor, ela cólleche máis cariño segundo o bo alumno que
sexas na clase. Por outra parte non sei porque te pós roibo, eu penso que para algo tan
fermoso como é o amor (aínda que todo faga pensar que non é compartido), non fai falla
porse nervioso, é natural.
Se ves que non podes máis, o que che aconsellaría é que llo disexes non moi abertamente, pero sen tabús, non sabes o moito que che pode axudar, e mesmo podes conseguir que sexa unha moi boa amiga.