FIN
DE ANO EN CANGAS.
Rumbo
ó novo milenio.
O inexorable
paso do tempo métenos de cheo nun novo ano. Cando xa comezabamos a collerlle o pulso a
1999, de súpeto temos xa na man o 2000, que por se non fora pouco con cambiar de ano,
tamén o facemos de milenio(de século o ano que ven). Coma todos , agardamos que o novo
ano sexa bo para todo o mundo, e aínda que semelle inxenuo, rogamos para que a xustiza e
a bondade aparezan e enchan este mundo para así evitar as desigualdades, fames e guerras
que padece o planeta. Sin esquecer ós que están fóra, brindamos por un ano de paz e
prosperidade e a ver se se cumple iso de "España va bien".
Pois ben, un
novo ano que se vai festexar por todo o alto, posto que non só cambiamos de ano. En
Cangas, como noutras moitas partes do mundo que se rixan polo calendario cristián, o día
31 de Decembro, apartires das 21:30 h non vai haber quen pare entre a cea e preparar as
uvas. Pero a festa non vai rematar comendo as uvas mirando para o reloxo da Porta do Sol
de Madrid(xa que en Cangas cada un da a súa hora non te fies, e máximo do
"Reló"), senón que seguirá polas prazas e rúas máis céntricas da cidade,
sobre todo na zona da alameda Vella e avenida de Marín.
A festa
comezará arredor da 1:00h do día 1 de Xaneiro, cando abrirán as súas portas tódolos
pubs, discotecas e bares de Cangas. Sonarán ritmos caribeños en pubs como Rato's, Numa
ou daso. A festa estará presente no Roro´s, Boxes, Chiapas,
Akanda Manu,
Ferrari o La Competensia, onde non faltará a jaiteirada.
Para os
afeccionados á interpretación musical, están os karaokes La Nuit e Titanic. Dentro
aínda da avenida de Marín e a súa área, están as discotecas Clip, Thais e Dedos, cuia
entrada rondará as500-1000 pesetas incluíndo cotillón e consumición mínima.
Fóra xa da avenida, está moi preto, no centro comercial
Avenida , o pub Punto y coma, que ofrecerá os seus chupitos e bebidas exóticas.
Dadas as catro
ou cinco da mañan, temos unha cita obrigada co chocolate con churros, que poderemos
degustar dende o náutico ata o Solebar, en tódolos bares e cafeterías céntricos.
Famosos son o Plaza(no c. c. Avenida), o Caixón de Quini, Anubis, Náutico, Avenida,
Anduriña ou o Ágora.
Pero a parte da
festa digamos oficial, son moitos os que
afastanse da masificación desta noite e organizan festas en pandillas en baixos alugados
ou particulares, mesmo os hai que montan discotecas clandestinas e sácanlle proveito ó
asunto, cousa que denuncian os locales de divertimento que teñen que pagar uns impostos,
ter unhas medidas de seguridade e aforo que eles non teñen. Se vas a unha festa destas,
asegúrate de que teña boa ventilación o local e do que che dan.
Outra cousa que
se está a por moi de moda ultimamente é a de ir a cear fóra en noitevella.
Prácticamente todos os restaurantes do noso término municipal abrirán as súas portas
cun menú moi especial, os hai que ofrecen cena-baile cmo Casa Simón ou Don Hotel.
Por ultimo
dicirvos que sexades prudentes e se bebedes non conduzades, e animarvos a que saiades esa
noite, ¿como? pois xa podedes ir empezando a ser bos na casa.

¡¡¡FELIZ
2000!!!