Música, tv, cine, web...

"Lo más 9, lista carracha"

 

1. "Rodar como una noria" (el chaval de la Peca).

2. "Mamma mía" (A-teens).

3. "Move your body" (Eiffel 64).

4. "Rithmy divine" (Enrique Iglesias).

5. "Crazy" (Brithney Spears).

6. "Voices" (Ann Lee).

7. "The Furby is on" (Blue 4 u).

8. "New York City Boys" (Pet Shop Boys).

9. "Dormir contigo" (Luis Miguel).

 

MÚSICA. ¡Hola!. Benvidos á páxina musical de ac. Un apartado onde vos elexides e votades as vosas cancións preferidas para que estexan na nosa lista "carracha" ou"lo más 9". Como podedes ver, estes son os nove nominados deste bimestre. A partir de agora variarán dependendo das vosas votacións e propostas para incluir na lista(non ten por qué ser un tema actual).

Para votar esccribi de a vosa lista carracha xunto cos vosos datos e curso e metédela no arandobuzón. Sortearemos decenas de regalos entre os participantes.

Imos falar agora da canción do verán, que non é unha soa, senón que para gustos hai colores. As opcións van dende "I wanna be your toy" de 2-Eivissa, "Mambo nº 5" de Lou Bega ou "Blue"de Eiffel 64.

En canto a concertos, non podemos esquecer os de Metallica ou La Oreja de Van Gogh e o grupo cangués Astarot na cidade do outro lado da ría de Cangas, Vigo. Na nosa cidade non podemos esquecer os festivais "Herba e Son" ou o de solidariedade cos mariñeiros do banco canario, que achegaron á capital do Morrazo a artistas como Susana Seivane ou Os Diplomáticos de Montealto, sen esquecer a miguiña de pan que caiu na 5ª cidade máis importante de Pontevedra, o concerto de "Los Panchos"o 1 de Setembro en Cangas.

 

CINE. Outro novo apartado de ac onde comentaremos e recomendaremos as últimas películas e estreas cinematográficas. ¿Que que recomendamos?se o que che gusta é o medo e o suspense, sen dúbida, "El proyecto de la bruja de Blair", no que presta atención para ver se es un dos afortunados que colle o final. Para os máis tranquiliños, "A lingua das Bolboretas"(dispoñible tamén en castelán) se as atopas todavía nalgún sala. No que a vídeo se refire, se o que che vai é o cachondeo, aluga"Algo pasa con Mary"por se non a viches todavía. Para os máis románticos"Alguien como tú"o"Nunca me han besado" que pronto sairán nos sete videoclubes do noso termino municipal. Non recomendamos"El show de Truman" nin "La novena puerta". E se o que queres é mercar un vídeo, a película do ano:"Titanic".

 

WEB: Se o que te sublima é chatear e conectarte a internet, podes facelo a 300ptas/hora en CYBERBANK na rúa Baiona 10, en INFORMÁTICA CANGAS a 350 no edif. Avenida, mentras en Moaña anda a 200 e en Santiago a 125.

 

T. V. :Na "caixa tonta"ou "pequena pantalla"como moitos lle chaman, destacar que despois de catro temporadas, remata por fin a serie"Médico de Familia", cuio último capítulo foi emitido por Vía Digital o pasado 6 de Decembro e que será emitido en Tele 5 o 21 de Decembro. Esta mesma canle ofrecerá unha ampla e variada programación navideña, o mesmo que a cadea pública TVE. Non se pode dicir o mesmo da canle TVG, que moitos din que está comprada polo goberno da xunta, que vai de mal en peor.

Desilusión entre os telespectadores cando Canal + decidiu codifica-la serie Friends, e outros, cando viron que Sabrina, cosas de brujas volvía comezar e non continuaba, serie que por certo recomendamos. Emítese de Luns a Venres ás 14:30h en Antena 3 TV. Por certo, non te perdas as campanadas deste ano dende a Porta do Sol, en Madrid, e que serán retrasmitidas por case tódalas canles de televisión, aínda que se queres innovar, baixa ata a alameda vella de Cangas.

Pero se de televisión falamos, non te esquezas de que accambiou, tanto que estamos a participar nun programa de televisión no instituto no que queremos que participes, e que será emitido por TPM, a canle local de televisión.

 

CAMBIA!!!  connosco...

Agora ac tamén en televisión...          ...non o perdas por nada do mundo.

 

...a partires de Xaneiro, unha vez ó mes, en TPM, ...

 

Sumario