OPINIÓN.

Me congratulaaaaa

 

Hola amigos.Son o voso conselleiro espiritual,  o RANAI-LAMA,  e me congratula que visitede-lo meu templo de sabedoría nesta revista.Neste novo apartado publicaremos artigos de opinión sobre temas que nos congratulen ou non.Trátase dun espacio interactivo no que queremos que contestedes e opinedes sobre os temas propostos ou outros que propoñades da actualidade do instituto ou do mundo,  sen máis que dirixivos a min escribindo ó arandobuzón.

 

Non me congratula...

"Os duriños".

Os alumnos deste centro ficamos abraiados pola importancia que dentro destas portas se lle da a 5 pesetas,  ou como agora deberiamos dicir,  tres céntimos de Euro.Pero o anecdótico do tema é que por exemplo,  na cafetería,  vemos claro que se suba un duro o "bocata",  pero ilóxico que o prezo se cifre en 105 ptas(estamos a falar do curso pasado) e teñamos sempre que cargar co duro ;como din algúns por aí "que lle rouben un cacho de tortilla".

Outro caso moi gracioso,  ó meu entender,  pero que repercute nos bolsillos dos estudiantes, é que en conserxería, ó pagar unhas fotocopias que encargou algún profesor, cóbrenche un duro por unha grapa que non custa nin unha peseta, cando se fas esas mesmas fotocopias pola túa conta, no mesmo lugar, non chas grapan, e, polo tanto, un duro que te aforras.E pregunto:¿é que o noso centro está tan arruinado como para mercar uns paquetes de grapas?;non digo que se grape todo o que un vaia a fotocopiar pola súa conta, pero os apuntes dos profesores sí, e gratis.

Como diciamos, isto ocorría o ano pasado.Pois ben, este ano o bocata anda xa polas 110 pesetas, polo que o "cacho" de tortilla  a roubar sería maior, pero polo menos redondearíase o prezo.En conserxería semellaba que confundiran as rebaixas de Xaneiro e pasaranas a Outubro, posto que xa non cobraban a grapa, pero debeu ser un despiste de principio de curso, porque xa volveron ás andadas e vólvennola cobrar, agora tamén se pon de moda o de cobrar fotocopias en branco ou polos dous lados cando so o querías por un, ó mellor é que, como todo, suben os prezos polo nadal e fan un peto para estas festas.

 

Non me congratula..., é máis, me ratonea...(ver barómetro pitufante).

"A guasa electoral"

Catro anos levo aquí e máis aínda na EXB elexindo ano tras ano un delegado ó comezo do curso, páctica establecida na democracia pola que tódolos alumnos temos dereito a elexir a un representante. Teoricamente, este representante debe ir ás reunións e informar á clase de todo o tratado alí, o que crearía un bo ambiente de relación e un absoluto coñecemento de todas e cada unha das cousas que están a ocorrer ó noso arredor.Pero tantos anos levo elexindo como vendo as eleccións nas que a ninguén se lle escapa dicir que son unha farsa.A maioría dos alumnos decídense a votar por alguén(non o máis apto)só por ser o "listillo", "o guai" ou o "hazmerreír" da clase.Ó non haber dimisión este é o encargado de representar á clase en toda reunión.Pero a sorpresa chega cando este non vai ás reunións e nos temos que enterar pola clase do lado.E chega o momento de criticar, sabendo que os culpqbles foron os votantes por votar sabendo que non era unha boa elección.Penso que debería haber dereito a dimitir, e elexir a alguén que valga e que queira, e facer que o dereito a enterármonos se cumpra.

Colaboración de N.G.P.

 

Bo nadal...

Dende principios deste mes, as rúas da nosa cidade están engalanadas e iluminadas.Achégase o nadal, unhas festas que ano tras ano vemos como perden a súa raíz cristiana pero non o seu cometido:o reencontro coa familia, cos seres queridos e de lembrarse dos que están lonxe e dos que non teñen nada.Algúns califican estas festas de hipócritas e deprimentes, pero no fondo o nadal é un soño, ser por uns días o que o resto do ano non podes ser e reencontrarte contigo mesmo e acordarse dos demáis, cousa da que se aproveita o comercio e nos fai gastar toneladas de diñeiro, pero¿e que?, se iso nos fai felices...o máis fermoso desta época é atopar este espíritu do nadal, aínda que mellor sería conservalo o resto do ano...

 

 

¡¡¡Prepárate!!!... no próximo número... O BARÓMETRO PITUFANTE... Aquí che vai un adianto de expresións cando falas de algo que che gusta ou non, de menos a máis, en exclusiva para ac.

 

MENOS

INTERMEDIO

MÁS

me gargamela, me ñofa, me ratonea, me alcantarilla, me cacola.

me mola, me congratula,

me sublima, me furby, me pitufa.

 

...e hai máis,  non o perdas por nada do mundo...

Sumario