PUBLIREPORTAXE O
obradoiro de teatro arrasa en Moaña Foi
sen dúbida a mellor obra da III Mostra de teatro de ensino secundario do Morrazo O
obradoiro de teatro do I. E. S. María
Soliño de Cangas arrasou na III Mostra de Teatro do ensino secundario do Morrazo
celebrada en Moaña entre o 27 e o 30 de Abril. A súa obra, "Mórdeme" de Inma
A. Souto e dirixida por Salvador del Rio foi a máis aplaudida e mellor valorada damostra.
O público púxose os pés deste grupo, que presentou a obra máis desenfadada de todas as
presentadas. O anfitrión, o I. E. S. As
Barxas de Moaña presentou dúas obras, unha de titeres "A trabe de Ouro e a trabe de
Alquitrán" de Vicente Risco e outra de teatro en castelán "no hay ladrón que
por bien no venga". O colexio Eduardo Pondal presentou a súa obra "A verdadeira
e singular historia da princesiña e o dragón", con tono de conto infantil pero con
saída triunfal polo seu toque de humor infantil e as súas cancións que a situaron nun
suposto 2º posto. O colexio de San Narciso presentou "Okupada" e os do I. E. S. Johan Carballeira de Bueu "Vive la
musique". O día da clausura, a obra representada foi "Destino
Ourense-Empalme", a cargo do grupo de teatro EIS da facultade de filoloxía de
teatro, coa posterior rolda de preguntas e coloquio. Finalmente, a clausura correu a cargo
do noso director do ano pasado, Ismael, que leu un discurso que por primeira vez non fixo
durmir a xente, senón que foi totalmente aplaudido. A obra foi representada tamén no
instituto o día 26 de Abril para os alumnos da EATP de teatro e o 6 de Maio pola tarde
para todo o público en xeral. E
este ano volverán arrasar alí por onde vaian, estou seguro. Así que prepararvos todos.
Só lle fai falla unha boa obra, e o exito está case asegurado. Estes rapaces son uns
fenómenos. "
Por fin unha mostra plural "... O
indudablemente característico da mostra foi contar cunha obra en castelán, que demostra
o talante dun país pluricultural como é Galicia, onde non só se vive "en
galego" como moitos parecen querer aparentar como algún alumno do I. E. S. As Barxas que hipocritamente dicían :"por lo
menos podía ser en gallego"... polo
menos eles deberían dar exemplo antes de criticar, ¿non?. As festas de
Nadal están á volta da esquina, e, seguramente, estarás montandote un rollo que lo
flipas intentando organizarte para estas festas. Nos pasillos xa non se escoita falar de
exames, senón dos regalos de Nadal e sobre todo dos preparativos de fin de ano. As
rapazas andan un tanto alteradas pensando no "modelito" que lucirán en Fin de
Ano, mentras os rapaces andan ocupados en elexir un lugar onde facer a festa e non tanto
en elexir "corbata". Isto, xunto con que os exames nos ocupan tempo e non
podemos escribir as postais de Nadal, co conseguinte retraso que terán tal e como anda o
correo nestas datas, máis en pensar qué lle imos regalar ó noivo/a, está a traer de
cabeza a moitos. |
|
![]() |
Pero aquí esta
ARANDO CEDO. Se o que che preocupa é o modelito, tranquila, en Cangas existen tendas
dabondo para mercalo, (recomendaríamos algunhas, pero non nos deixan os de arriba), así
que nada de cruzar a ría, e tranquila, aínda che quedan uns 12 días. En canto ó de
buscar local, a cousa está "moi malita", e si non tes un baixo propio, case
mellor que te esquezas. De todas maneiras, Arando
cedo ofréceche unha guía de a onde ir na páxina 10. Para o das postais, mellor
será que poñas "feliz 2000" e non "bo nadal", xa que o correo anda jodidiño. En canto ó regalo para o noivo/a ou
amigo/a, lembra que o que importa é o detalle, aínda que para elexir xa non te podemos
axudar. Se non o queres ben, recorda que tes o todo a cen. |
BO NADAL. arando cedo. Feliz 2.000 |
|
|
|