|
Rumbo ó novo milenio A menos de 15
días para o ano 2000 e o novo milenio, arando
cedo volve sair ós pasillos do instituto cunha nova imaxe que marcará un exemplo a
seguir. Un compromiso cos lectores e co novo milenio. Así, acordes cos novos tempos queremos seguir no 1º
número do milenio, para o que temos gardadas un montón de sorpresas e interesantes
novidades. Despois de
loitar contra vento e marea para conseguir resucitar esta revista, so nos resta evitar a
censura de dirección, e o máis importante:vós, os nosos lectores, os que decidiredes se
levamos ou non o barco adiante. É innegable
que ac cambiou, non sabemos se para ben ou
para mal, iso teredes que decidilo vós, sobre todo os que levades aquí máis dun ano. Hoxe ac súbese ó carro do progreso, indo máis aló
da prensa escrita, colaborando na futura edición dun programa de televisión. Pero para que ac siga adiante,
precisamos da túa colaboración, o teu apoio, a vosa axuda, a danovas
xeracións, a xeración dun novo milenio que nin o efecto 2000 nin o tan anunciado fin do
mundo vai parar. ¡¡¡Longa vida arando cedo!!!. |
| IMAXÍNESE... |
|