EXCLUSIVA!!!      Os "saraos" dos profesores.

 

Anónimo por medo a represarias / IES María Soliño.

 

¡Hola  amigos!,  son Cristian Tárrega,  e benvidos ó novo apartado rosa de ARANDO CEDO,  creado a partires deste novo afán renovador da revista no que estamos inmersos. Nesta sección trataremos todo o que teña que teña que ver cos profesores que nos pareza e que vos nos enviedes de forma anónima. O que agora nos vai ocupar, non vai ser o tema da moda, no que poderiamos falar das saias da dire, a bufanda da de Inglés, os peinados dunha de Mates ou da de Arte ou dos palóns doutra de Inglés. Do que imos falar hoxe é de como falan os nosos profesores. Pode que ás veces os alumnos non prestemos a suficiente atenciónpara escoitar as verdadeiras barbaridades que os profesores soltan pola boca (aínda que os alumnos non nos quedamos atrás). Para elo recollemos algunhas frases curiosas nunhas clases de 3º de BUP o ano pasado e outras moitas aportadas por vos este ano. Sentimos non poder poñer o nome dos profesores, pero vos aportamos algunha pista:

 

"Cogéis eso ahí un "momentiño" (profesora de Filosofía). Presi do clube das castrapas.

"...no exportamos por bóvilis, bóvilis" (profesora de Historia). Economista"latina".

"...nos anos 30 os burgueses cambian o chip" (   "   ). "a do Seat Arosa".

"5 por 2 serían 50 Newtons " (profesor de Física e Química). Futuro estudiante da ESO.

"...a forza resultante, ou sexa, a forsa de rosamento" (  "   ). Espesialista en jallejo.

"¿Quién quiere hacer el examen del libro?¡Caladiños eh! (profesora de Inglés). Vicepresi del club de las castrapas.

"Na Biblia había un personaxe chamado Deus..." (profesora de lingua e lit. galega, coñecida nesta revista). Teóloga profesional.

"Despois de que os vosos profesores e algunha repelente profesora traballásemos todo o curso, agora tócavos a vos" (   "   ). "La renegada".

"Os aconsejo que viajeis pero no ahora que estamos en clase" (profesor de Filosofía). "Er Viva Tours".

"Para aprender a joder hai que joder, e para aprender a facer problemas hai que facer problemas" (profesor dun profesor de Física). Más claro que con el método Milton.

"A partir del polvo nacen todas las cosas" (profesor de Filosofía). ¿de onde veñen os meniños?.

 

E para demostrar que os alumnos non nos quedamos atrás:

Un profesor pregunta, (¡moito ollo!): ¿Que tiene de diferente Grecia respecto del resto de civilizaciones como Egipto o Siria?.

Un alumno contesta(todo cheo el): ¡¡¡El yogur!!!...

 

A coletilla...  

O récord o ten un profesor de Física, que dixo 9 e 5 veces respectivamente en dúas clases diferentes o seu "porque estudiamos", seguido dun profesor de Filosofia que ten doble premio:5 veces "muy bien" e 3 "qué bonito", sempre basándonos nas informacións chegadas á nosa redacción.

 

Vos tamén podedes aportar frases, coletillas e saraos escribíndonos ó arandobuzón. Sorteamos unha viaxe ó basureiro municipal de Varalonga a patas e pola túa conta.

 

Axúdanos a elexir MISS e MISTER profe'2000. Envíanos as túas propostas ó arandobuzón e escribe por que os elexiches. Tamén queremos elexir o alumno e alumna máis: guapo/a, simpático/a, mellor vestido/a. O mesmo queremos que fagas cos profesores. Escríbeo todo cos teus datos nunha folla e métea no arandobuzón. Se pode ser, procura decirnos os apelidos do/a alumno/a e o seu curso e clase(ex. 3ºBUP G). Os teus datos serán confidenciais. Sortearemos premios entre os votantes. Interactúa connosco... ac.

Sumario