Sexualidade.
¡Hola amigos!. ¿A que lo flipais todos?. Non é un soño, non, nin tampouco unha revista semanal desas que din ser de "música" que mercades as rapazas. En ac cambiamos de verdade, e aquí está o espacio que queriades, redactado "sen pelos na lingua". Acorde coa realidade da xente que neste centro estudia. Aquí expondremos temas de actualidade e conceptos e contestaremos ás túas dúbidas.
| ANTICONCEPTIVOS: Un dato escalofriante que
chegou ata a nosa redacción:o 47% dos xóvenes non utilizan ningún método
anticonceptivo. É algo alarmante, e dende logo recomendamos que usedes un condón cando o
fagades coa vosa parella. A algúns pode soarlle unha barbaridade o que estamos a falar,
pero moitos xa pasaron por elo ou no momento menos inesperado pode ocorrerche. Con isto
non queremos asustar a ninguén, pero lembra que por unha estúpida imprudencia poden
xurdir embarazos non desexados, contaxio de enfermidades como a sida, etc... Ademais,
poderedes disfrutalo sen estar pendientes do que ben ó final(xa me entendedes)e poderá
vir tranquilamente. Como último apunte, dicirvos que hai uns anos, unha rapaza foi
expulsada deste centro por estar embarazada, e aínda que pareza unha barbaridade, isto
está amparado pola lei. |
|
FÓRA DE DÚBIDAS:¿Onde comprar un condón?:
Son moitas as campañas, como a do pasado día 1 de Decembro na casa da cultura, as que
nos recordan a conveniencia de utilizar preservativo. Nembargantes, os xóvenes de hoxe
non temos absoluta facilidade para adquirilos. En Cangas, as 12 farmacias, 4 cadenas de
droguerías e mesmo nos cinco grandes supermercados e algunhas tendas de regalo os teñen
á venda, aínda que o prezo, como en toda España, non é razoable, sendo máis
adsequible nas droguerías de grandes franquicias. Pero se o que che sucede é que che da
corte pensar na cara que che vai poñer o dependente,
dirémoche que os podes adquirir nunha máquina dispensadora nunha das
farmacias de O Igrexario(Hío, Cangas)ou na
máquina que hai á entrada da avenida de Marín, so
que estas opcións sairanche máis caras.
Dende aquí,
gustaríanos facer un chamamento ás discotecas e farmacias para que coloquen este tipo de
máquinas co fin de facilitar a súa adquisición, así como a rebaixa dos mesmos por
parte dun acordo fabricantes-Estado, suprimindolle por exemplo o IVE.
DICCIONARIO: Impotencia: Imposibilidade do home de
conseguir unha erección(que se lle poña dura, vamos). Pode deberse a causas físicas,
aínda que habitualmente debese a problemas psicolóxicos.
INTERACTÚA.
Envianos as túas preguntas e/ou dúbidas. Contestarémolas todas, aínda que non as
publiquemos.