|
( ou dillo a Deli, a ver que di) |
| Ola Deli: Levo nove meses saíndo co meu mozo e xa nos temos deitado
algunhas veces, a verdade e que con bastante regularidade dúas veces ao día agás
no tempo de exames, entón baixamos a tres ou catro por semana. A nosa primeira vez xuntos
foi moi tenra, as seguintes tamén o foron bastante e despois xa fomos engadindo á
tenrura o pracer sexual propiamente dito. O problema é este: dende hai un certo tempo xa
non disfruto a penas do sexo coa miña parella, aínda que el parece que non se aburre e
creme que non me equivoco; para tenruras bastábanme os bicos e as apertas, pero o coito
tradicional non me satisface. Lin o Kamasutra, ¿que posturas me recomendas?¿Hai outros
métodos para manter novidades: pelis porno, libros eróticos, aparellos especiais..? Mª do Socorro. Ben, lin o teu caso e estiven pensando.... o que che pasa é simplemente e simplemente querer fuxir do rutinario. Quizais por ese motivo comezaches a deitarte co teu mozo, posto que as apertas e bicos e aloumiños xa non te satisfacían o suficiente. E agora que o tes, botas de menos a situación anterior.¿Sábeo a túa parella? Eu creo que o debería saber e así cada vez que estivesedes non iriades directamente a "iso", esquecendo o ritual amoroso, senón que o tomaría con máis calma. Posturas, pois niso posme nun apreto porque nin eu, nin as miñas compañeiras, nin os meus aman... digo amigos se acaban de pór de acordo sobre a que máis lles gusta. Poderiades probalas todas desde o sinxelo "misioneiro" ata u exótico "69" e despois...pois a gusto do consumidor. Aparellos, creo que un sex-shop non che iría mal, alí hai de todo o que poidas imaxinarte dende...(ben, déixoo a túa imaxinación). O que si che digo é que moitas veces o mellor aparello é a insinuación....Pénsao. Querida Deli: Son un rapaz de 1º e estou tolisimamente namorado dunha moza de COU. Os meus amigos din que non teño posibilidades e xa sei que teñen parte de razón, pero o caso é que agora ela non ten mozo e se non fago nada ela acaba o curso (porque parece que é boa estudante e ademais é maravillosa, irresistible, perfecta, inalcanzable...), vaise do instituto e déixame e eu non le puiden dicir nada e non a vexo endexamais na miña vida e non podería vivir sen ela e morro con só pensar no porvir tan amargo que me espera.¿Que demos fago eu?¡Axúdame, por Deus! Un Romeo desesperado. Está claro pola túa descripción que estás falando da rapaza perfecta aos teus ollos. En primeiro lugar ten un pouco máis de autoestima e aprende a quererche.¿Cando a diferencia de idade foi un problema? Nunca, que eu lembre, senón vouche dar algúns exemplos...Camilo José Cela e Marina Castaño, Edipo e a súa nai, ben e algún que outro máis. En segundo lugar ¿quen che dixo que os amores platónicos non se podían conseguir? Sei de moita xente que así o fixo. Así como o non xa o tes, achégate a ela e dille como mo dixeches a min todo o que sentes por ela. Seguramente consegues algo. ¡Deli! Son unha Tauro e quería saber que signos do horóscopo son os máis compatibles co meu. Pediume para saìr un Tauro. Moitas gracias, Deli. Teño que dicir que Tauro é un signo tremendamente concienzudo no que fai e pode chegar a parecer lento por iso. Cando toma unha decisión é para toda a vida. Apaixonado, romántico e moi sensible, rodearase dun ambiente grato e se para iso ten que traballar rexamente non lle importará. Para el a seguridade económica é o primeiro. Hola Deli: Quería escribirche porque, ultimamente síntome moi, moi, moi preocupado, coido que son desgraciado. Non nacín con boa estrela. O meu maior problema é que fisicamente rompo os espellos, son feísimo. Os meus pais deberían terme chamado "Caio". Son gordo coma un cachalote e teño un cu do tamaño de Asia. A miña cara é cubista, cun nariz feo e cuns lentes de cu de garrafa, o meu pelo é crecho e graxento. Tentei pórme un peinado "guai", unha imaxe imitando a xente que me gusta, e acopleime na súa banda. Síntome inferior, son un fracaso. ¡Axúdame! Un anarquista de 3º. Meu moi querido "Caio"se así cres que deberías chamarte. Ti tranquilo a beleza está por dentro, pero debes darte de conta que para ser "guai" non fai falla copiar os "guais", ao contrario, trátase de non copialos para que che teña moita máis estima a xente do teu arredor (lembra que o hábito non fai o monxe). Vexo que tes un claro complexo de inferioridade que tes que tentar superar. Pensa por exemplo que dentro que dentro duns anos (despois de tanto tempo de anorexia) vaise levar o tipo groso. É que o cabelo crecho é fermoso. Ou mesmo que as garrafas son un ben para a humanidade. Querida Deli: Non podo máis, estou pasando os peores momentos da miña vida. Estou coladísimo por unha rapaza da miña clase. Ela é preciosa, moreniña, de pelo crecho. Necesito contarllo, pero non podo, teño medo. Escribinlle unha carta en San Valentín, pero foi anónima, a única que recibiu e creo que lle gustou, pero dubido que soubese que era miña. Os meus amigos non o saben. Ninguén o sabe. Non podo seguir así, tampuco podo dicirllo. Por favor, aconséllame, Deli. Un rapaz de pelo escuro. Pois non se que dicirche. Eu creo que esa rapaza quéreche totalmente, nonme digas como o sei, pero seino.Quizais se llo pides acabarías co encanto ou quizais sexa o mellor. Podes darlle uns apuntes ou algo teu para que recoñeza a letra e se lle gustas todo secederá no seu debido tempo. |