| Despois de reiteradas peticións por un auditorio en Cangas tiveron que reunirse nunha maratón de 48 horas todas as agrupacións músico-culturais do Concello, seguindo unha iniciativa do "Estamos na rúa". A necesidade dun auditorio é algo totalmente palpable e máis facendo unha valoración dende o punto de vista dos músicos, actores ou bailaríns. Todos están afectados pola falta de aínda que non tan ben equipado como un auditorio-dun lugar cuberto e suficientemente grande como para acoller os de ambos os dous lados público e actores-. É certo que hoxe en día hai dous locais parecidos a un lugar pechado: a Casa de Cultura, pobre escenario para as obras teatrais ou a Escola da Música, que cando acolle unha banda ofrece somentes un cuarto da súa capacidade para o público. Ademais estes dous lugares atópanse á entrada e á saída da vila. Sen embargo despois de tantas penurias non hai ninguén aló arriba refírome ás entidades gubernamentais e non ao ceo- que se compadeza deste concello. Quizais sexa porque manteñan certa diferencia entre quen goberna no Concello e que o fai na Xunta e que por diversas discordias nas que non quero entrar polo miúdo- ningún dos dous se tomen o auditorio de Cangas como mérito propio, denegan continuamente os proxectos. Que pensen un pouco nesta pintoresca paraxe na que os veciños non teñen un lugar digno para facer máis patente a cultura, que esquezan as súas diferencias e que pensen que de todas as persoas deste lugar recibirán votos. E por facer uso da sabedoría popular: "un gran non fai o ganeiro pero axuda o compañeiro". TERESA |
|