| ¿Quen se esconde baixo o lóbrego murmurio do meu cérebro? Mentres a
miña Venus fecunda os parentes da miña imaxinación transformando en enxendros sen
número, que non se conforman cos anos de vida que me quitaron. Confúndense no interior,
descontados e grotescos, turbulentos e perturbados e algunhas veces sinto como rin e
corren polos arredores da miña cabeza. E acompáñanme na morte, coma un soño que á
mañá xa non pode lembrarse. Viven en escuro tumulto e soñan con saír á luz e o meu
ser estrambótico e idealizado non pode realizar o sseu soño. O amor é a unión entre o mundo da palabra e o da forma. E a ciencia reséntese cos meus paroxismos e desdéns. Paseo pola calcada treboada do meu cérebro que garda escondido con enxeñoso receo o balbordo das miñas neuronas. Así conto a miña vida. Dentro da miña cabeza crian o develo e a ilusion unha rídicula paraxe, e eses seres se entorpecen e demoran polo zume de cinguidas móleculas. Non entendo os líquidos que nun día me enchan de desacougo e ao outro permanezan invisibles ante min. E tan só podo darvos a miña vida amorosa que é o único que posúo, a pesar de todo a miña intelixencia alimentaravos para perder a anorexia, vestiranos e engalaranos con fatuosas vestimentas. Gustaríame encher e endurecer a miña soberbia con filosóficos secretos para que vos sentisedes felices. Imposible procrearvos algo con estas deformes mans que o entorpecen todo e maldigo a Deus por darme estes retorcidos membros. Necesito unha platónica axuda para axudarme mentres baleiro a miña mente de coñecimentos innadmisibles. A morte incerta separa os raios de luz que creban o charco do ceo e non nos deixa pestanexar. Renego das vosas necesidades máis vergonzosas como a vida carente de alento, como a noite carente de soños. Renego deses beizos, que ao fenecer, levan consigo os seus bicos anónimos. Gustaríame sorrir á vida exterior e non esconder as alegrías para a vida interna. A igualdade entre as razas xa non treme desde que o mundo xa non o é. Non distingo entre ficción e realidade, confundo as miradas que se imaxinan e mesturo suspiros con beixos e desexos con fraquezas. E soño que blasfema o antes xa suposto. O meu ser corre pola felicidade e a agonía, as ilusións e as batallas. Quizais deba irme pronto, pois partirei con orgullo á pureza ou á indecencia. A pesar de todo, sempre estamos a favor da contrariedade. SUE |