Fauna autóctona do Insti
 

Están aquí rodéannos por todas partes. Lonxe de estar en perigo de extinción chegan aquí e multiplícanse. Son os "pijos" ou "super pijos" como lles queiras chamar. Afastados xa do primitivo "o sea, te lo juro por las bragas de Mafalda",forman un grupo compacto na sociedade deste instituto. Podes miralos con gomina, típicos, cos seus Levis e co seu xersei de pico ou un polo de Lacoste, ou a elas co seu cabelo longo co que parecen unha Barbie "Mil peinados" e un vestidiño, unha saia, ou conxuntiño de Naf Naf. Pero agora os "pijos" rebeláronse dando unha imaxe de rebeldes sen causa. Se por casualidade lles dis que son "pijos", eles negarano un millón de veces. ¿Como ser "pijos" se son uns incomprendidos? Iso si fuman petas ou todo que lles poñan por diante porque está de moda ou para caerlle ben ao seu grupo de amigos/as.Grupo que con toda seguridade son uns rapaces e unhas rapazas que van coas súas náuticas e caos gafas "pastilleras", ou con guedellas de colores. Hainos de todos os tipos e botan contra doutros "pijos" doutros grupos.

E adoitan pórse en fatos sobándose uns a outros ou a outras para demostrar a súa grande amizade, entrechocando os polegares con aneis prateados, ou agarrándose nas súas motos de regalo e papá e non polas boas notas.

Pero o que máis os identifica é que queren imitar a rebeldía doutros e por iso non van á clase. Non lles fai falla. E son intolerantes porque se cren mellor cós outros.

Pero que lles imos facer se son os "pijos".

 

NOTA: se queres saber se pertences ao seu grupo contesta o inquérito.

  • ¿Que pasaría se un día te levantases e non tiveses os teus Levis?
  • ¿E se sairas á rúa sen a túa náutica?

A.- Púñame outra cousa.

B.- Chamaba á tenda para mercar outras.

C.- Quedaba na casa –non vaia ser que me quites do clube-.

ACfauna.GIF (26727 bytes)  

RESPOSTAS:

1.- Maioría C- "super super pijo".

2.- Entre C e B- "super semi pijo".

3.- Maioría B- "super pijo".

4.- Entre A e B- "pijo".

5.- Maioría A- "sinxelamente pijo".

Sumario