| Sábado, 9 de Maio, 630 da tarde: todos/as os/as afeccionados e
afeccionadas esperabamos con ansiedade o comezo do partido. Algunhas persoas puideron
desprazarse a Córdoba e apoiar o noso equipo, unhas duascentas persoas que, aínda que
poucas, facían moito ruído no pavillón de Pozoblanco. Tiñamos unha vantaxe de dous
goles conseguida no Gatañal, pero aínda así non estaba fácil a permanencia. Comezou o partido, o Frigoríficos ía gañando con certa tranquilidade pero o rival foi reducindo distancias pouco a pouco, ao principio non se notaba pero despois empezou a preocuparnos. Sen embargo, confiabamos nunha grande victoria que asegurara a permanencia. Faltaba só un minuto para o pitido final do árbrito, porén unha serie de acontecimentos (penaltis, expulsións e liortas) fixo que ese minuto fose case interminable. Ao final rematou o partido cunha clara victoria do Cangas por 21-25, o que confirmaba un cuarto ano consecutivo na liga Asobal. O día seguinte pola noite a afección agasallou o equipo cunha calurosa e clamorosa benvida nas rúas de Cangas. Agora agardamos que o ano próximo non haxa que pasar tantas angurias para seguir na Asobal. ENMA CHAPELA |