| Cando a túa vida se basea nunha relación que non te leva (en ningún
sentido) a ningures, o interese que sentes por dita relación enfermase, deixando as
paixóns atrás. Cando a repulsa polas cartas que che mandaba chegou ao meu coñecimento,
dixen: non máis, para que saír con alguén, non merece a pena gastar o meu pequeno
cerebro e carácter para conseguir esa reacción tan pobre en sentimentos e tan rica en
paixóns pasaxeiras, vanas. ¿Por que ten de ser así a vida?¿Por que non doutra maneira? Así sería moito máis fácil deixar voar a imaxinación e criar unha utopía para a nosa vida. Quizais isto mo tería preguntado no momento da miña concepción natural, pero se foi así non o acordo, xa sexa pola idade ou pola diminución de idade que naquel momento posuía. Din: "non te preocupes" pero eu sei que ti o eras todo para min e agora que ti xa non estás nos meus pensamentos pésame non ter aproveitado o ben que o pasamos xuntos. ¿Por que?¿Por que? Quizais ti terías.......Quizais se eu......Quizais se...Quizais..... Só quizais. ¿Quizais? ¿Quizais que...? Nada. A nada xa inundou o meu corazón, e pois, como di a palabra a nada non deixa de ser un baleiro total da miña existencia e na que ti non estás. Din:"o tempo cúrao todo", pero non é certo. A chaga que sangra na túa alma, esa, esa si que non a cura o tempo, senón só ti. Quizais cando te deas de conta do que fixeches, só cando o fagas, e pidas perdón por iso, quizais poderá deixar de sangrar esa ferida tan profunda, que acabará por matarme de non ser curada no seu debido tempo. Quizais. NOELIA POUSA. |