Recanto das palabras

Direi que descubrín a miña grandeza
botado e chorado polos ocos
pero non direi que en min quedará o teu corazón inerte
pois non podo. 

Despois desta dor, redonda, sucesivamente aceda
despois desta escusa que é a túa ausencia
de todo, en fin, que non te teño
son máis ca ti que estás morto. 

E xa estás morto
como unha torre atroz nestas ruínas
resposta de anceios desatados
convertido en substituto ou contrapunto
dun canón que non pago, e non me importa.


Deus
Ten un nome
Agora
Din que escribiu un libro Pero eu
non o leo Non ten
Debuxos Adamais
É moi longo
Odio os libros longos os poemas longos os versos longos
A deus


Un neno espértase na noite na metade do continente negro
paralelo 45º
non sen certa molestia e como comprendese canso mira unha
estrela lonxana
que aínda que el non o sabe non se chama Altair ou Pegasus senón
trescentos mil catorce punto barra punto 6e (marca rexistrada)
todo na noite trae alento de noite
e cinco mil quilómetros ó lonxe alguén feito de napalm
festexa o día do neno hai charlas e tertulias foros mil cousas máis
mentres polo leste sae a morte para aloumiñar o poboado
e o neno aquel anónimo e como comprenderedes canso que
foi un bo neno e comía toda a comida
morría pianísimo no cuarto movemento

J. SANTOS MARTÍN

Pérdome
Nunha gaiola
Solitaria
Sen eco
Pérdome nunha gaiola 

Só voces alleas
Apertas estériles
Bicos vacuos
E a chama aínda acesa
malia a dor
malia o mar
malia os oceanos 

O sal fecunda vizosos ollos
Pero non fecunda
(¡non,non fecunda!)
destempladas ánimas
desncantados espíritos
enxoitos corazóns
(ermo corazón)
pero asulágaos
(¡si, asulágaos!)
no meu pesar
ó meu pesar
(¿ó meu pesar?:
ledicia amarga
-¡pero ledicia!-
sorriso e bágoas
-¡pero soriso!-
olladas con medo
-¡pero olladas!-
palabras sen sentimento
-¡pero palabras!-
dor bendita, dor amada
porque vén do ceo, por quen a manda
-pero dor....-)  


Sanguenta santidade,
Cadáver con cadeas,
Insomnio insondable,
Sepe se sereas. 

Suspirando susurra
A choiva que choras;
No curuto a curuxa
Sen tregua treboa. 

Ósculo oscilante,
Brétema con brechas,
Ronsel ronroneante,
Veleiro sen velas.  

TRISTÁN

Cando os recordos se agolpan no corazón,
cando a melancolía se pousa dentro de nós,
cando a dor é un buraco profundo no interior,
cando os nosos ollos só ven a través das bágoas. 

Cada mirada que pouso ante
un obxecto, é un recordo
Cada recordo é unha ferida
no meu sangrante corazón.
Cada ferida é un soño frustrado,
unha esperanza perdida no aire.  

Entón descubro a soidade do
corazón no medio dun público
que contempla a obra sen entendela 

Entón, doume conta doutras cousas,
Vexo ó meu arredor e unha rosa
Deixa de ser rosa para ser espiña. 


¿Como dicir con palabras
o que o meu corazón descoñece
e négase a admitir a súa presencia? 

¿Como uns poucos garabatos
poden encerrar o mundo enteiro? 

¿Como dicir o que quero
se o que quero dáme medo?  

ANA O

I

Tras a noite baleira,
óiote chamar por min,
despacio,
sinxelo
pero apresurando o meu nome.
A túa voz
sonou maldita,
pero eu esperábate. 

Despois desta noite erma,
o teu eco perdera,
o aire tenue
a túa angustia,
esperándome.
Pero a túa voz
sonou maldita,
aínda agardo, sen esperanzas.
Xa só queda o oco. 

II 

Xa cambiaron as dunas,
o vento levounas xa de aquí
Fóronse as pedras,
o mar levounas.
Xa fuxiron as nubes,
o vento levounas xa de aquí.
Eu, mentres,
permanezo inmóbil,
quedo e asustado,
pero sempre aquí.

GUIGAS

Mariñeiriño de terra
hoxe teste que marchar
vaste de todos despedindo
lentamente, de vagar. 

Que pesadume, que tristeza,
Que sensación de soidá. 

Risos fóra e choros dentro
"¡miña casiña, meu lar!"
ten que deixalo todo
sen saber se voltará. 

Que pesadume, que tristeza,
Que sensación de soidá. 

A lúa nova resplandece
No momento do luar
Vense barcos, moitos barcos
Sobre as ondiñas do mar. 

Que pesadume, que tristeza,
Que sensación de soidá. 

A alegría, o contento
Xa todo quedou atrás
Volveuse pena e lamento
Ó saber que marcharás. 

Que pesadume, que tristeza,
Que sensación de soidá. 

Amañece un día triste
A lúa empeza a clarexar
Desaparecen as estrelas
O sol comeza a esbarar. 

Que pesadume, que tristeza,
Que sensación de soidá.

 


XENTE 

Dende aquí miro xente
moita xente
preocupada nas súas vidas
vidas insípidas e amargas
cheas de nada.
E observo as camiñadas
o ir e vir
sen esperanza
e pregúntome
como poden vivir así.
Se é iso o que me espera
ser unha alma mandada
prefiro escapar
rematar con todo
e morrer.
Eu inténtoo
pero arrástame a masa
eu quero ir soia
e sempre estou acompañada.

 


Palabras,
non son máis que iso:
palabras;
e as usan
para facer feliz
soños
en boca de ninguén
ideas non realizadas
meramente palabras.
E se gastan en van
e son ben utilizadas
pois son soio
PALABRAS.

 N. GREGORIO PORTAS

TI 

Es todo para min,
es o meu mundo,
es o azul do meu ceo
e o verde do meu mar.
Es o negro carbón
que encende a miña paixón
e aviva o meu corazón.
Choras sangue e ese sangue
esbara polas túas meixelas
aí queda, tranquila e silenciosa
agardando a que eu a recolla.
Collereina algún día,
cando consiga bicarte,
¿irase ese sangue?
¿ou quedarase aí para sempre?
Contéstame ti,
preciosa rosa en primavera,
marabillosa papoula florecendo,
estupendo negro caravel desfollándose. 

EMMA.

Sumario