Segunda Mostra de Teatro do Morrazo

 

Os días 28, 29 e 30 do pasado mes de Abril celebrouse no Colexio Eduardo Pondal de Cangas a II Mostra de Teatro do Morrazo. O martes 28 procedeuse á apertura da Mostra e á primeira representación a cargo do colexio anfitrión coa obra A LENDA DE XOÁN BONOME. O día 29, o IESP Johan Carballeira de Bueu representou A GRANDE NOITE DE FIZ. E San Narciso de Marín, comezando o centenario de Lorca, fixeron POETA EN NOVA YORK.

 O derradeiro día, o 30 de Abril, tocounos a nós coa obra O ARMACÉN DOS ARTISTAS de Manuel Lourenzo que foi invitado á representación e lamentablemente non puido asistir, pero mandounos unha preciosa nota de agradecimento. Ao principio habia nervios pensando que nos ia saír mal, pero nós, como somos unhas e uns auténticas e auténticos prefesionais, representamos e saiu.... ben, hai que recoñecelo, algúns eros si que houbo, pero iso tamén lles pasa aos grandes de Hollywood (só que non se lles nota).

 Despois da nosa representación tocábale a vez ao grupo invitado, pero ao non poder asistir fíxose unha charla-coloquio entre directores e algúns dos actores e actrices dos diferentes colexios.

 A experiencia desta II Mostra (despois de ter asistido á I) é moi boa e esperamos repetir o ano que vén, porque é moi boa para fomentar o teatro entre a mocidade do Morrazo.

 EMMA CHAPELA E ALEXANDRA ABALO NÚÑEZ

Sumario