AS TABERNAS

Miren señores a historia

deste pobo ciscalleiro

onde as tabernas e o viño

sempre serán o primeiro.

 

Empezando no costal

terms a Barca e a Rosita

o San Andrés e a Macillos

e todos na mesma esquina

 

Tíñanche o monopolio

Rulindes, o Jefe e o Poda

hasta que chegon o Enano

e instalou o J. J.

 

¿Queres andar de chiquitas?

Vaite de cara ó triángulo

Maraxe, a Cabaña e os Toneles

pra tornalas son bos laños

 

Disque duns meses pra acá

a igresia está moi concurrida

nós botámolle as culpas

ó bar do Pelotitas.

 

O "Coloso en llamas"

despois de moito arder

e a taberna do Rincón

que de novo está en pé.

 

Tabernas de boas monas

e de moito cagallón

sempre tiveron a fama

a de Aldán e a do Centrón

 

Cañas, perritos, chiquitas

e algún que outro alucinado

vaite ó Valle dos Caídos

podes topalos a esgallo.

 

Cheira que apesta o Progreso

e o Parra non se queda atrás

fixo limpieza o moderno

parece un Snack-Bar.

 

O ver o negocio do viño

tabernas que estaban pechadas

abriron de novo as portas:

o "New Traila" e o "New Turata".

 

Si queres tomar unha lura

ou unha boa lobeada

vaite á do Carabelo,

é a taberna indicada.

 

Diante da Guardia Civil

quedóu toda esgarsolada

a taberna do Mancha

coa súa nova fachada.

 

Goza de fama en Cangas

por ser porca e barata

beber no Salto do Can

e beber "Garrafonada".

 

En territorio do Forte

tamén se pode collela:

a de Bibilia e Perfeuta

sempre teñen boa fecha.

 

Eiquí remata a historia

deste pobo de tabernas

non se pode dar un paso

sin tropezarse con elas.