CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE
ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES
FÍSICO-DEPORTIVAS

cfatlet.JPG (14069 bytes)

No curso 1997-98 iniciaron os seus estudios 30 alumnos e alumnas deste ciclo formativo, que ten unha duración de 2.000 horas.

cfnatac.JPG (20724 bytes)

ENTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO

cfatlet.JPG (14069 bytes)

Este técnico exercerá a súa actividade no campo das "Actividades Físicas e Deportivas" presentando servicios de programación, animación e dirección de grupos ou usuarios na realización de actividades físico-deportivas de carácter recreativo.

Os distintos tipos de empresas e entidades onde pode desenvolver os seus traballos son:

  • Empresas de servicios deportivos.
  • Patronatos deportivos ou entidades deportivas municipais.
  • Clubes ou asociacións deportivas.
  • Clubes ou asociacíóns de carácter social.
  • Empresas turísticas: hoteis, campings, balnearios...
  • Grandes empresas con servicios deportivos para os seus empregados.
  • Centros xeriátricos ou de carácter social.
  • Federacións deportivas.
  • Organismos públicos de deportes (Deputacións, Direccións Xerais de Deporte, etc.)

Entre outras, poden desempeñar as seguintes funcións:

  • Promotor de actividades físico-deportivas.
  • Animador de actividades físicas e deportivas.
  • Coordinador de actividades polideportivas.
  • Monitor de actividades fisicodeportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

cfnatac.JPG (20724 bytes)

PLANO DE FORMACIÓN

cfatlet.JPG (14069 bytes)

Módulo 1: Xogos e actividades físicas recreativas para animación. (110 horas)

Módulo 2 :Actividades fisico-deportivas individuais. (220 horas)

Módulo 3 :Actividades físico-deportivas con implernentos. (150 horas)

Módulo 4 :Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico. (184 horas)

Módulo 5 :Animación dinámica e de grupos. (96 horas)

Módulo 6: Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivas. (110 horas)

Módulo 7: Actividades físico-deportivas de equipo. (250 horas)

Módulo 8 :Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas. (90 horas)

Módulo 9: Primeiros auxilios e socorrismo acuático. (100 horas)

Módulo 10 :Actividades físicas para persoas con discapacidades. (65 horas)

Módulo 11: Proxecto integrado. (90 horas)

Módulo 12 :Formación e orientación laboral. (65 horas)

Módulo 13 :Formación en centro de traballo. (380 horas)

cfnatac.JPG (20724 bytes)

CONDICIÓNS DE ACCESO

cfatlet.JPG (14069 bytes)

    A) Acceso directo:

  • Terán acceso prioritario os/as alumnos/as que posúan o Título de Bacharel (LOXSE ou experimental).
  • Terán tamén acceso directo, aínda que non prioritario, aqueles/as alumnos/as que superasen C.O.U., Formación Profesional de Segundo Grao, ou que estean en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

B) Acceso mediante proba:

  • Para aqueles aspirantes que teñan 20 anos cumpridos e non reúnan os requisitos do apartado anterior.

Os contidos da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior adecuaranse ós currículos das correspondentes modalidades de bacharelato previstas na LOXSE. Constará de dúas partes: unha parte xeral e outra específica. Na parte xeral o aspirante deberá acreditar a madurez en relación coas materias comúns e de modalidade da correspondente rama de bacharelato. Na parte específica preténdese avaliar as capacidades correspondentes ó campo profesional de que se trate. Desta última parte poderán quedar exentos aquelas persoas que acrediten, polo menos. un ano de experiencia laboral que se corresponda coa formación profesional que se desexe cursar.

cfnatac.JPG (20724 bytes)

TITULACIÓN

cfatlet.JPG (14069 bytes)

A titulación obtida polo/a alumno/a trala superación deste Ciclo Formativo de Grao Superior, é a de TÉCNICO SUPERIOR EN ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS, coa que se pode acceder ó mundo laboral ou directamente ás diplomaturas universitarias relacionadas a continuación.

cfnatac.JPG (20724 bytes)

ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS

cfatlet.JPG (14069 bytes)

  • Mestre
  • Diplomado en Educación Social
  • Diplomado Social
  • Técnico en Empresas e Actividades Turísticas
  • Diplomado en Fisioterapia.
  • Diplomado en Traballo Social.
  • Diplomado Universitario en Enfermería.
  • Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.